Juan Manuel Urgoiti López de Ocaña, nado en Madrid o 16 de novembro de 1939, é un empresario e filántropo español residente en Galicia.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira empresarial no Banco de Vizcaya en 1962. Medrou nos postos do banco e pasou a finais da década dos setenta a ser director xeral da entidade, despois conselleiro director xeral (1984) e despois conselleiro delegado en 1986. Dous anos despois o Banco de Vizcaya desaparece ao fusionarse co Banco de Bilbao e pasa a ser conselleiro delegado da entidade resultante, o Banco Bilbao Vizcaya.

A comezos da década dos noventa abandona a entidade bancaria vasca e inicia un periplo por cargos de responsabilidade noutras empresas financeiras, como o Ahorrobank, o Banco de Crédito Canario ou o Banco Occidental, así como de firmas do sector farmacéutico, como Laboratorios Delagrange ou Antibióticos SA. Pero tamén neses anos empeza a súa relación con Galicia ao ser nomeado conselleiro independente de Inditex en 1993, posto para o que foi revalidado pola xunta xeral de accionistas da entidade en catro ocasións, a última delas en 2010.

A súa conexión con Galicia continuou nos seguintes anos, pois foi designado presidente do Banco Gallego, vicepresidente da eléctrica Acciona, presidente da Fundación Gaiás-Cidade da Cultura e da Fundación José Antonio de Castro. En 2013 foi designado presidente de Pescanova no marco da forte crise da entidade viguesaJuan Manuel Urgoiti, novo presidente de Pescanova.

Recoñecementos Gran Cruz do Mérito Civil Comandante da Orde do Imperio Británico.

Notas

Categoría:Filántropos Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades da banca Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1939