Iceage é unha banda de punk rock dinamarquesa procedente de Copenhaguen. O grupo formouse no ano 2008 e ata a data leva publicados cinco álbums de estudio: New Brigade (2011), You're Nothing (2013), Plowing Into the Field of Love (2014), Beyondless (2018), e Seek Shelter (2021).
Historia Iceage formouse no ano 2008 cando os membros da banda tiñas unha media de 17 anos de idade. O grupo asinou con Escho para publicar o seu 7" de estrea en 2009 e posteriormente ficharon polo selo Tambourhinoceros en Dinamarca e por Dais Records nos Estados Unidos. Despois disto asinaron coa discográfica What's Your Rupture? Records para lanzamentos internacionais e editaron o seu álbum de estrea, New Brigade, en xaneiro de 2011 in Dinamarca e o 21 de xuño dese ano nos Estados Unidos.
En febreiro de 2013 Iceage publicou o seu segundo álbum, You're Nothing, tras fichar polo selo independente Matador Records. O terceiro disco do grupo, Plowing Into the Field of Love, editouse en outubro de 2014 tamén a través de Matador. Os tres álbums foron nomeados ao premio ao mellor álbum independente europeo da asociación IMPALA.
Iceage lanzou o seu cuarto traballo, Beyondless, o 4 de maio de 2018 a través de Matador, e o seu quinto e derradeiro álbum ata a data, Seek Shelter, apareceu o 7 de maio de 2021. Foi o seu primeiro álbum traballando cun produtor externo (Sonic Boom de Spacemen 3) e o seu primeiro disco no que participou o guitarrista Casper Morilla, que se uniu á banda en 2019.
Discografía Álbum Ano Selo New Brigade 2011 What's Your Rupture? You're Nothing 2013 Matador Records Plowing Into the Field of Love 2014 Matador Records Beyondless 2018 Matador Records Seek Shelter 2021 Mexican Summer
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Dinamarca Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 2008