"Behra-Porsche" foi un construtor de Fórmula Un que participou en catro grandes premios do campionato do mundo durante as tempadas de e . Comezou e terminou dúas carreiras, ambas na tempada 1960, pero non logrou ningún punto no campionato.

Jean Behra foi un consagrado piloto de carreiras francés, que a finais dos anos 1950 era un habitual do paddock de Fórmula Un. Alcanzara éxito anteriormente na década co equipo Maserati, pero foi contratado a Scuderia Ferrari (Ferrari) para a tempada 1959. Malia súas obrigación con Ferrari, Behra encargou a Porsche construír un monopraza de Fórmula 2, tomando compoñentes do Porsche 718 'RSK'. O chasis do coche fora deseñado polo ex enxeñeiro Maserati Valerio Colotti, que posteriormente adaptouno para podelo utilizar cos compoñentes do 718 RSK. O vehículo foi nomeado "Behra-Porsche" e pintado na cor Azul Francia da patria do francés.

O coche fixo a súa presentación no Gran Premio de Mónaco de 1959, coa boa amiga de Behra María Teresa de Filippis ao volante. De Filippis non puido cualificar, e o coche non iniciou a carreira.

Tralo Gran Premio de Francia de 1959, Behra foi despedido do equipo de Ferrari tras un altercado co director do equipo. Isto significou, que Behra puido competir co seu propio Behra-Porsche no seguinte Gran Premio de Alemaña.

O Gran Premio de Alemaña foi o único que se celebrou no circuíto de AVUS en Berlín. Behra non só participaba no Behra-Porsche no Gran Premio, tamén participaba co seu RSK sportscar nunha carreira de apoio. Foi nesta carreira o 1 de agosto de 1959 xusto antes do Gran Premio, na que Behra morreu, trompeou sobre a cima do infame peralte do AVUS saíndo despedido do seu vehículo. Behra golpeou unha hasta da bandeira e caeu ao chan, fracturando o cranio e rompendo moitas costelas. Morreu no impacto.

Logo da morte de Behra, o Behra-Porsche foi adquirido por Lloyd Casner para o equipo de Casner Motor Racing. A primeira das dúas saídas do Behra-Porsche en 1960 foi no Gran Premio da Arxentina o 7 de febreiro de 1960 pilotado por Masten Gregory (Estados Unidos), que terminou 12º na carreira, 4 voltas detrás do líder. Cara á segunda metade da tempada, Fred Gamble converteuse no último piloto en pilotar o Behra-Porsche nun Gran Premio do Campionato do Mundo. O Gran Premio de Italia, que destacou por un boicot dos tres equipos británicos, Gamble ocupou o décimo lugar. Foi o último a 9 voltas do gañador.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor Pneu Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos Puntos Maria Teresa de Filippis Behra-Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 MON 500 NED FRA RU ALE POR ITA USA — 0 Maria Teresa de Filippis NSC Jean Behra Behra-Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 Jean Behra NTS Camoradi International Behra-Porsche RSK Porsche 547/6 1.5 F4 ARX MON 500 NED BEL FRA RU POR ITA USA — 0 Masten Gregory 12 Fred Gamble 10

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Escuderías de Fórmula 1 de Francia