Grand Theft Auto V, tamén coñecido como GTA V, é un videoxogo de mundo aberto (sandbox), acción e aventura desenvolvido polo estudo escocés Rockstar North e publicado por Rockstar Games. O xogo saíu á venda o 17 de setembro de 2013 nas plataformas PlayStation 3 e Xbox 360. É o primeiro xogo da serie principal da saga Grand Theft Auto despois do lanzamento de Grand Theft Auto IV en 2008, sendo o décimo quinto xogo da serie en total. Ao ser un dos últimos títulos lanzados en exclusiva para a sétima xeración de consolas de videoxogos, Grand Theft Auto V é un videoxogo moi agardado.
O xogo consta de elementos de condución e de acción e aventura, os cales forman parte dun mundo aberto co que os xogadores poden interactuar ao seu antollo. O xogo está ambientado no estado ficticio estadounidense de San Andreas, o cal xa foi escenario doutras entregas da saga, baseado nos estados reais de California e Nevada. Nesta entrega a ambientación tenta reflectir o sur de California, onde se pode atopar a cidade ficticia de Los Santos (a imaxe e semellanza dos Ánxeles) e unha zona de campo aberto. A historia dun só xogador está contada a través de tres protagonistas, Michael, Trevor e Franklin, os cales o xogador pode ir alternando cando o desexe. A historia segue os esforzos dos protagonistas para planificar e executar seis grandes atracos e acumular riquezas. O xogo tamén inclúe un modo online, que permite participar até 16 xogadores simultaneamente, tanto en modo cooperativo como en competitivo.
Desenvolvemento En setembro de 2009, durante unha conferencia financeira, o presidente da compañía Take-Two Interactive, propietaria de Rockstar Games, Strauss Zelnick, respondeu a unha pregunta dos presentes sobre o anuncio dun vindeiro Grand Theft Auto do seguinte xeito:
miniatura|150px|esquerda|Logo de Take-Two. Un mes despois, en novembro, nunha entrevista co xornal inglés The Times, o produtor de Grand Theft Auto e habitual escritor da saga, Dan Houser, prestouse a contestar preguntas que concernían ao futuro da serie, confirmando por vez primeira que o seu equipo comezara a pensar en GTA V. O mesmo artigo aclaraba que Houser escribira parte dun guión que xa chegaba ás mil páxinas. Na mesma entrevista, Houser explicou que debido ao volume de traballo á hora de crear novos xogos da serie, lévalles primeiro a pensar na cidade, e máis adiante no personaxe principal. Medio ano despois, en xullo de 2010, Rockstar North, compañía encargada de desenvolver os GTA, demandou sete postos de traballo relacionados cun novo título. A firma buscaba encher ocos dispoñibles, incluíndo recreadores de contorna, programadores de física e animadores de personaxes. O último posto de traballo a cubrir buscaba a «xente con experiencia profesional desenvolvendo videoxogos de acción en terceira persoa». Non se sabía se Rockstar estaba a contratar a xente para GTA V, ou se a firma só pretendía mellorar outro dos seus videoxogos, Agent. En decembro de 2010, Strauss Zelnick declarou que a compañía non ía a lanzar títulos anuais algunhas das súas mellores franquías como Grand Theft Auto ou Red Dead Redemption, xa que facer iso poría en perigo a súa calidade e faríase pesado para os usuarios.
Antes de que o xogo fose anunciado oficialmente, tiveron lugar varias filtracións dunha suposta produción dun GTA, incluíndo rexistros de sitios web, castings de dobraxe de anteriores personaxes de Grand Theft Auto e a un editor do sitio web IGN quen indicou que o título se poría á venda en 2012. As primeiras informacións que facían referencia ao xogo fixéronse públicas en Internet en febreiro de 2011, mediante a filtración accidental do currículo dun actor, ao que se sumou unha lista de direccións de sitios web rexistradas a nome de Rockstar co coñecido estilo GTA. En marzo, filtráronse numerosas chamadas a casting por parte de Rockstar para dobrar o videoxogo, nun proxecto coñecido co nome en clave de «Rush» (en inglés: Urxente). Tendo en conta que un dos papeis era o de James Pedeaston, un personaxe de radio aparecido en Grand Theft Auto: San Andreas, o proxecto supúñase relacionado con Rockstar. En xuño de 2011, fontes supostamente próximas á compañía, deron a coñecer que o título estaba «en marcha e bastante avanzado», con retoques finais como mini-xogos xa aplicados, e cuxo lanzamento sería, «con bastante probabilidade», en 2012. «É o máis grande», dixeron, dando a entender que a magnitude de GTA V sería eminentemente ampla.
Nunha entrevista en xullo de 2011 con PSM3, o cofundador de Team Bondi, Brendan McNamara, respondeu a unha serie de preguntas acerca de se Rockstar estaba a considerar usar o sistema MotionScan para o seu próximo GTA do seguinte xeito:
Anuncio e estrea miniatura|right|250px|O cartel de Hollywood aparece no avance do videoxogo representado como «Vinewood». O 25 de outubro de 2011, Rockstar Games modificou a portada do seu sitio web para promover o logotipo de Grand Theft Auto V, tendo a «V» do devandito logotipo unha forma semellante á textura dos billetes dos dólares estadounidenses. Unha breve mensaxe impresa baixo o logotipo indicaba que un avance estaría dispoñible o 2 de novembro de 2011, comezando no propio sitio web o 26 de outubro unha conta atrás de tempo que reflectía cando se publicaría. Nos momentos posteriores á revelación de que Grand Theft Auto V estaba en desenvolvemento, as accións de Take-Two Interactive, a compañía matriz de Rockstar Games, disparáronse nun 7%.
O 26 de outubro, un coñecido sitio web de videoxogos, Kotaku, sinalou que os rumores sobre se Rockstar ía recrear a cidade dos Ánxeles para GTA V «eran certos» segundo «fontes próximas ao xogo», sinlando expresamente que o xogo ía ter a súa localización «nalgunha versión» desta cidade.
O 2 de novembro, Rockstar Games publicou o primeiro avance de Grand Theft Auto V, brindando aos seguidores unha primeira ollada ao próximo título. O avance revelou o lugar onde, en principio, se desenvolvería a acción: Los Santos, unha cidade ficticia baseada efectivamente nos Ánxeles e os seus arredores no sur do estado de California, incluíndo Hollywood (coñecido como «Vinewood» no videoxogo), así como paisaxes peculiares da zona. Algunhas das características adicionais que foron desveladas son o golf, os avións, motos de auga, ximnasios e persecucións policiais. A canción utilizada no vídeo era Odgens' Nut Gone Flake, do grupo británico The Small Faces.
Ao día seguinte, Rockstar Games confirmou que Grand Theft Auto V estaba en pleno desenvolvemento e que tería lugar en Los Santos e «os seus arredores: outeiros, zonas rurais e praias», ademais de que «sería o xogo máis grande e máis ambicioso que Rockstar crease xamais», descrito por Sam Houser, cofundador xunto ao seu irmán Dan da compañía, como «unha reinvención radical do universo de Grand Theft Auto». Take-Two definiu GTA V como «unha nova dirección na liberdade do videoxogo de mundo aberto, no relato da historia, no estilo de xogo baseado en misións e no modo multixogador en liña»; confirmando ademais que a historia se centraría «na procura do todopoderoso dólar nunha reinventada zona do actual sur de California.
Case dous anos despois, o 9 de xullo de 2013, saíu á luz o primeiro vídeo oficial do xogo en movemento, no cal se podía ver por vez primeira o seu nivel gráfico e o seu sistema de xogo cos seus tres personaxes principais: Michael, Trevor e Franklin. Un semana despois, o día 15, estreouse un novo avance onde se mostraba Grand Theft Auto Online, o modo multixogador en liña, o cal estaría dispoñible para o 1 de outubro de 2013, data posterior ao lanzamento do xogo. O día 29 de agosto de 2013 deuse a coñecer o avance oficial onde se explican as motivacións dos tres protagonistas.
Banda sonora Grand Theft Auto V é o primeiro xogo da serie posúe unha banda sonora creada especialmente para a ocasión. Para traballar na banda sonora, o equipo contratou ao grupo Tangerine Dream en colaboración con Woody Jackson (Red Dead Redemption, L.A. Noire, Max Payne 3) e os produtores de hip-hop The Alchemist e Oh No. Tangerine Dream e Jackson compuxeron entre 30 e 40 horas de música que forman parte das misións do xogo para aumentar a súa atmosfera. Esta música soará tanto no modo dun xogador como no multixogador. Tal como os xogos anteriores da serie, Grand Theft Auto V tamén ten música licenciada que se pode ouvir nas radios do xogo. A banda sonora foi «concibida para abranguer a amplitude da escena musical na moderna cidade dos Ánxeles». Preto de 240 cancións foron licenciadas, distribuídas en quince estacións de radio de varios xéneros musicais. A radio tamén inclúe dúas estacións de asuntos xeneralistas con locutores da vida real como por exemplo Stephen Pope e Nathan Williams da banda Wavves.
Sistema de xogo Grand Theft Auto V é un xogo de acción e aventura en terceira persoa. O xogador pode usar combate de corpo a corpo, armas e explosivos para loitar contra inimigo, así como pode correr, saltar, nadar ou usar vehículos para navegar polo mundo do xogo. Durante o combate, pódese utilizar unha mira-automática e un sistema de cobertura como asistencia. Un dos obxectivos do xogador é completar misións para progresar na historia, e tal como outros xogos en mundo aberto, esas misións poden ser completadas segundo o desexo do xogador. Se o xogador comete actos ilegais mentres xoga, poderá haber unha resposta por parte forzas dos corpos de seguridade, sendo medida da contundencia utilizada polas autoridades por medio dunha barra de "wanted" (do inglés: búscase); se o xogador continúa a cometer crimes ou se responde con agresión, a barra acumula estrelas, e os esforzos das forzas de autoridade para incapacitar o xogador tórnanse máis activos.
No modo para un xogador de GTA V o xogador pode controlar a tres protagonistas: Michael, Trevor e Franklin, criminais cuxas historias se entrecruzan a medida que se van completando misións. Mentres interactúe co mundo do xogo, o xogador pode trocar de protagonista ao seu pracer, e mesmo durante as misións trocar de personaxe poderá ser necesario para sentido completar certos obxectivos ou como unha opción alternativa para atopar novos xeitos creativos de resolver unha situación; por exemplo, nunha misión Michael fai rappel no exterior dun edificio, Franklin dá cobertura con armas, e Trevor controla o helicóptero de fuga, e o xogador pode trocar entre eles para se adecuar a un estilo preferido de xogar. Cada protagonista controlado polo xogador dispón de oito habilidades, representadas numericamente, en certas áreas como disparar ou conducir. Para cada protagonista, as oito habilidades "especiais" determinan a súa eficacia para emprender unha acción que é única para o personaxe respectivo; Michael, por exemplo, consegue entrar en bullet time (do inglés: tempo de bala, efecto que consiste en poder disparar a cámara lente) en combate, Franklin consegue ralentizar o tempo mentres conduce e Trevor consegue crear o máis danos nos inimigos. Existe unha barra no HUD (Head up display) de cada personaxe que se baleira cando a habilidade é usada, mentres que se enche co tempo cando a habilidade non está a ser usada. A pesar de que o xogador pode completar misións como calquera dos tres protagonistas, nalgunhas das máis difíciles poderá ser necesaria a asistencia de cómplices controlados pola IA, con habilidades únicas como conducir ou penetrar en sistemas informáticos, ficando cunha parte da recompensa despois de se completar a misión. O xogador tamén pode empregar distintas estratexias distintas para completar unha misión, por exemplo, nunha misión de roubo o xogador pode actuar por medio do sixilo, actuando sobre os civís cun axente incapacitante, ou crear o pánico na zona entrando coas armas á vista.