O parágrafo (§) é un signo tipográfico que se emprega para remitir a un parágrafo ou sección nas obras que os numeran, como por exemplo os códigos legais.

Represéntase co símbolo §, que provén da combinación de dous eses entrelazados, iniciais da expresión latina signum sectionis, que significa sinal de sección ou de corte.

Outros usos miniatura|left|100px|Insignia da policía polaca

En moitos países da Europa oriental este signo está asociado á lei e á xustiza. De feito, está presente nos uniformes da policía polaca e ocupando o lugar do "s" no logotipo do Ministerio de Xustiza de Austria. Unha versión modificada deste signo foi utilizada como símbolo do simoleon, a moeda oficial de varias edicións dos videoxogos SimCity e The Sims. Notas

Véxase tamén Outros artigos Antígrafo

Categoría:Símbolos Categoría:Puntuación