Santa Marta de Babío é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 301 habitantes (152 mulleres e 149 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 299 habitantes.

Historia A parroquia foi sede dunha antiga xurisdición no Antigo Réxime, que xa no século XX deu nome ao condado de Santa Marta de Babío.

Cultura Topónimo Babío é un antropónimo prerromano cunha raíz que significa "vitoria". A súa orixe sería previa ao século III.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa Marta de Babío

Parroquias de Bergondo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Bergondo

Categoría:Parroquias de Bergondo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Marta Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía