A cacaforra da morteNome vulgar en galego preferido en varias fontes: VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo Amanita phalloides Vaill. ex Fr. Link, tamén coñecida como pan da morte, pan do demo Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo ou co nome culto de amanita faloides é un fungo micorrizóxeno que accidentalmente ten sido introducido a novas rexións co cultivo de especies non nativas de carballo, castiñeiro e piñeiro. É moi común que se atope dende a beiramar até a montaña. Este tipo de cogomelo velenoso é moi semellante a algunhas especies que son comestíbeis, polo que se teñen dado casos de envelenamento accidental; de aí o seu nome vulgar galego: cacaforra da morte ou pan da morte. É común en Galizahttp://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/11/07/reinas-monte-gallego/436443.html, sendo unha das especies mortais.
O epíteto «phalloides» (do grego «phallos», «pene» e «eidos», «forma») significa «con forma de pene», por mor á forma do basidiocarpo nos primeiros estadios do seu desenvolvemento. É o cogomelo máis perigoso se é inxerido polo ser humano. É un fungo mortal que ten causado o falecemento de numerosas persoas xa que a síndrome faloidiana é unha síndrome de acción amodo, e ademais as toxinas actúan sobre o fígado e os riles, dando lugar o fallo hepático. Por esta razón, cómpre non confundilo con outros cogomelos comestíbeis. Entre as vítimas máis ilustres atópanse o emperador Claudio e o Arquiduque Carlos de Austria.
Nome e taxonomía A cacaforra da morte -Amanita phalloides- foi descrita por vez primeira polo botánico francés Sébastien Vaillant, que as describiu coma:Fungus phalloides, annulatus, sordide virescens, et patulus (Sébastien Vaillant). Malia significar o nome phalloides con forma de falo, non está claro se se nomeou así pola súa semellanza ao falo masculino ou pola súa semellanza cos cogomelos da orde Phallales (como o carallán). En 1821,Elias Magnus Fries describiuno como Agaricus phalloides, mais incluíu as amanitas brancas na descrición. Finalmente en 1833, Johann Heinrich Friedrich Link, estableceu para o cogomelo o nome de Amanita phalloides.Link JHF (1833) Grundriss der Kraeuterkunde IV. Haude und Spenerschen Buchhandlung (S.J. Joseephy), Berlin Despois de que 30 anos antes, Persoon a chamara Amanita viridis. Porén o uso do nome Amanita phalloides por parte de Louis Secretan precede ao de Link, foi rexeitado para fins de nomenclatura, porque os traballos de Secretan non usan a nomenclatura binomial consistentemente. Amanita phalloides é a especie tipo da especie phalloideae, un grupo que contén todas as amanitas mortais. As máis notábeis especies do xénero son Amanita virosa, Amanita bisporiga, e Amanita verna.
En galego os seus nomes vulgares fan referencia á súa perigosidade: cacaforra (amanita) da morte, pan (cogomelo) da morte, pan do demo, pan de raposaVV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo Suxestionouse que Amanita verna de cor branca é unha subespecie de Amanita phalloides. Max Britzelmayr chamouna Amanita phalloides f. alba, porque comparte case todas as súas características agás a cor e a época de desenvolvemento, xa que Amanita verna faino pola primavera. Outros autores afirman que se ben existen variedades abrancazadas, Amanita verna é unha especie allea, xa que o veleno da Amanita verna reacciona coa sosa e a potasa mentres que o da Amanita phalloides reacciona ante o ácido sulfúrico.De Diego Calonge, F. 'Setas (hongos) Guía Ilustrada, Ediciones Mundi-Prensa, Madrid, 1990, p.202
Como recoñecela
Amanita phalloides ten un epixeo e esporocarpo (corpo de frutificación = cogomelo) grandes e impoñentes, con píleo (chapeu) de 5 a 15 cm. de largo, inicialmente arredondado e hemisférico, aplanándose a medida que vai madurecendo.
Presenta no chapeu unha coloración tipicamente verde oliva, brillante con tempo seco, lixeiramente viscosa con humidade. A súa tintura non é sempre uniforme, xeralmente é máis pálida nos bordos. A choiva tamén pode destinguir a tintura. Algunhas formas son moi pálidas, incluso brancas. Pódese pelar de xeito doado (unha característica problemática xa que se pode confundir con outras especies comestíbeis). O miolo é branco, mesto e tenro. Bota un lixeiro recendo a pétalos de rosas que se acentúa coa idade ou coa desecamento.
O veo himenial, un anel caído, semella unha faldra que arrodea o fungo, ten uns 1 ou 1.5 cm de diámetro, e está situado por baixo do chapeu. As lamelas, numerosas, están separadas. O pé ou esteo é branco con escamas verdosas diseminadas e ten unha lonxitue de entre 8 o 15 cm e unha largura de 1 a 2 cm, cunha volva protuberante, lañda, con forma de saco e de cor branca. Como a volva, que é un signo distintivo, pode estar agochada por un leito de follas, por iso é importante fochicar, para a atopar. Os espécimes novos emerxen do chan cuberto co veo universal semellando un ovo, que crebará para deixar a volva coma un remanente.
A impresión das esporas é branca (característica común das amanitas). As esporas son globulares ou ovoides, medindo entre 8–10 μm de lonxitude, tinguíndose de azul co iodo. As lamelas por outra banda tínguense de lila ou rosa coa reacción ao ácido sulfúrico.
Onde e cando a atopar miniatura|150px|left|Exemplares de pan da morte. É común en todas as rexións de clima temperado do hemisferio norte. A cacaforra da morte é nativa de Europa, onde está moi espallada. Atópase nas rexións costeiras do sur de Escandinavia, no norte de Irlanda, nas rexións leste e oeste de Polonia, e no oeste de Rusia. Tamén se atopa nas rexións meridionais, coma a península dos Balcáns, Italia, Península Ibérica ou Marrocos, Alxeria e no norte de África en xeral. Hai constancia de que se ten atopado máis ao leste , en Asia, mais os exemplares encontrados aínda non forono identificados como exemplares de A. phalloides. Foi introducida accidentalmente en países como Australia ou Nova Zelandia. A finais do século XIX, Charles Horton Peck reportou exemplares de A. Phalloides en América do Norte. Porén, en 1918, as mostras que se obtiveron no leste dos Estados Unidos, foron identificadas como Amanita brunnescens, unha especie diferente mais semellante a A. phalloides, por G. F. Atkinson da Universidade Cornell. Mais dende a década dos 70 do século XX hai evidencias de exemplares de A. phalloides nos Estados Unidos, introducidas probabelmente desde Europa cos castiñeiros, atopándose poboacións nas costas leste e oeste.Litten.p75A. phalloides estendeuse a países do hemisferio sur coa importación de madeiras. A introdución do carballo en Australia e América do Sur semella ter sido o factor de espallamento en ditos lugares. Reportáronse exemplares so carballos entre Melbourne e Canberra, Así como no Uruguai. Tamén se ollaron exemplares de A. phalloides sobre outras especies foráneas na Arxentina e Chile. En Galiza é unha especie de cogomelo común. miniatura|150px|Exemplar atopado no sur de Suecia. Asóciase ectomicorrizalmente con numerosas especies de árbores. En Europa, adoita medrar baixo as follosas, mais non resulta rara nos bosques de coníferas, aínda que é menos común. Aparece comunmente baixo carballeiras, aciñeirais, soutos, faiais, biudeirais, piñeirais e formacións de abeleiras, castiñeiros das bruxas, carpess, ou píceas. Na beiramar de California, A. phalloides asóciase ao Quercus agrifolia, mais non a outra especies costeiras como o piñeiro insigne. Nos ecosistemas onde foi introducida A. Phalloides, normalmente se asocia a ditas especies, consideradas exóticas en ditas contornas. Porén, hai evidencias de exemplares de A. Phalloides asociados a tsugas, con plantas da familia das mirtáceas, con eucaliptos e con piñeiros en Tanzania e Alxeria; e con Leptoespermas, e Kunzeas en Nova Zelandia. En Suráfrica atopáronse exemplares asociados a carballos e lamigueiros. Estes fenómenos donfírenlle á especie un potencial invasivo.
En anos chuviosos aparece en grupos moi numerosos. Frutifica polo verán e especialmente polo outono, de xullo a novembro. No hemisferio sur faino de xaneiro a maio. Medra preferentemente en solos areentos.
Toxicidade Véxase información adicional no artigo: Intoxicación por cogomelos velenosos . miniatura|left|200px|Cartel que advirte da presenza dos cogomelos tóxicos en Canberra, Australia. Coma o nome “pan ou cacaforra da morte” suxestiona, é moi tóxico. De feito é o cogomelo máis perigoso, responsábel de máis do 90% dos envelenamentos mortais. 30 gramos deste cogomelo fresco ou medio chapeu son mortais para calquera adulto. Por exemplo, en 2006, unha familia de tres membros en Polonia foi envelenada pola inxestión de A. phalloides, morrendo un dos seus membros e sobrevivindo o resto, dos cales requiriron transplantes de fígado. As autoridades recomendan encarecidamente non depositar exemplares sospeitosos de ser cacaforras da morte no mesmo queipo que outras especies de fungos destinados á alimentación, nin tocar ditos fungos. Ademais, a toxicidade non se reduce co cocemento, refrixeración ou secado.ver recomendacións no artigo Intoxicación por cogomelos velenosos O pan da morte é un dos cogomelos máis velenosos de entre os atopados en Galiza, xunto coas tamén amanitas: Amanita verna e a Amanita virosa, ademais de cogomelos de xénero diferentes. O experto Carlos Álvarez Puga, engade que: "Unha das especies máis perigosas é o pan da morte, que abunda en Galiza, e que é mortal. Un exemplar pode ser de abondo para que se teña que facer un transplante de fígado"Artigo en La Opinión de A Coruña - http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/11/07/reinas-monte-gallego/436443.html. Bioquímica Sábese que A. phalloides ten dous grupos principais de toxinas, os compostos heterocíclicos (con forma anular) e os péptidos. Ditos grupos de toxinas atópanse estendidos por todo o micelio: a saber, as amatoxinas e mailas falotoxinas. Outra toxina é a falolisina, que amosou certa actividade hemolítica in vitro. Tamén se illou a antamanida, un composto illado. Contén tamén faloidina, pero apenas se absorbe no intestino.
Síntomas Segundo informes, o sabor do pan da morte é agradábel, este feito en conxunción co carácter retardado dos síntomas (o tempo de incubación da síndrome faloidana é de dous días e o seu desenvolvemento dura uns vinte días, durante os cales os órganos poden verse gravemente afectados, incluso de xeito irreparábel), fan de A. phalloides un dos cogomelos máis perigosos da Terra. A síndrome faloidiana, de tipo retardado, maniféstase inicialmente por síntomas gastrointestinais con diarreas e vómitos que poden levar á deshidratación; dor abdominal de tipo cólico e suores frías, entre 6 e 48 horas despois da inxesta. En casos graves pode haber hipotensión, taquicardia, hipoglicemia, e acidose. Na fase a seguir deteriórase o fígado producindo ictericia e aparecen a diarrea sanguinolenta, o delirio, as convulsións e o coma por mor a fallo hepático fulminante acompañado dunha encefalopatía hepática e coagulopatía. As complicacións, que acoitan ser fatais, comprenden alteración da presión intracranial, hemorraxia cerebral, sepse, pancreatite, insuficiencia renal aguda (causada como complicación da hepatite ou causada directamente por lesións no ril, dando como signos visíbeis anuria ou oliguria.) e paro cardíaco. A morte acontece xeralmente entre o sexto e o 16º día.
Tratamento