Crocodilo Dundee (en ) é un filme australiano dirixido por Peter Faiman que se estreou en 1986. Está protagonizado por Paul Hogan, que interpreta a Mick Dundee, cuxo personaxe está inspirado en Rodney Ansell. A futura muller de Hogan, Linda Kozlowski, interpreta a Sue Charlton.

O personaxe de Mick “Crocodile” Dundee, intepretado por Paul Hogan na triloxía de Crocodilo Dundee é comunmente asociado aos feitos reais da bibliografía do tamén cazador Rod Ansell, que sobreviviu ao Outback, onde se perdeu por dous meses en 1977. Cando Ansell morre en 1999, este foi eloxiado pola prensa como “o Crocodilo Dundee real”. O propio Paul Hogan negou repetidas veces esta referencia a Ansell. Pero en paralelo na cultura popular letoa e entre os documentalistas australianos da cidade de Queensland defenden que foi a figura do emigrante letón Arvīds Blūmentāls, "Crocodilo Harry" quen primeiro fixo famoso este perfil do aventureiro cazador de crocodilos, e quen inspirou realmente ao filme.

O filme tivo un orzamento de $10 millóns coa intención de facer un filme australiano comercial que puidese ser ben acollido pola audiencia americana, pero o seu éxito foi internacional. Estreouse o 30 de abril de 1986 en Australia, e o 26 de setembro de 1986 en USA, e foi o segundo filme con maior recadación nos Estados Unidos ese ano.

Hai dúas versións do filme: a australiana e a americana/internacional. A versión americana ten un inglés máis comprensible, con vocabulario e expresións máis comúns, e é significatiamente máis curta. O filme tivo dúas secuelas: Crocodile Dundee II (1988) e Crocodilo Dundee nos Ánxeles (2001).

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 6 de novembro de 1995.La Voz de Galicia, 6 de novembro de 1995. Páx. 86

Sinopse Michael Dundee é un cazador de crocodilos no salvaxe outback australiano que, pola súa orixinal filosofía da vida, é considerado como un heroe entre os seus. A súa fama chega a oídos de Sue Charlton, unha xornalista de Nova York que decide ir a Australia para visitalo e, unha vez alí, convénceo para que a acompañe na súa viaxe de volta a América.

Personaxes Paul Hogan como Michael J. "Crocodile" Dundee Linda Kozlowski como Sue Charlton Alan Dunlea como Dingo John Meillon como Walter Reilly Terry Gill como Duffy David Gulpilil como Neville Bell Reginald VelJohnson como Gus Steve Rackman como Donk Gerry Skilton como Nugget Peter Turnbull como Trevor Christine Totos como Rosita Graham 'Grace' Walker como Angelo Mark Blum como Richard Mason Michael Lombard como Sam Charlton Caitlin Clarke como Simone John Snyder como Pimp Anne Carlisle como Gwendoline Anne Francine como Fran

Galardóns e nomeamentos 1986: Nomeado ó Oscar: Mellor guión orixinal. 1986: BAFTA: Nomeado a mellor actor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Sidney Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego