O monte Monseivane é, con 929 metros sobre o nivel do mar, o cumio de maior altitude da Serra da Carba.
Son abondosos os animais que habitan neste monte, entre os que destacan as vacas, os cabalos salvaxes e os cervos. Tamén é destacábel a importante masa forestal de piñeiro bravo plantada na década de 1940.
O ascenso ó monte pódese facer dende o lugar de Cornas, en Samarugo. Na metade do percorrido hai unha pequena área de descanso, onde se pode facer un alto antes de iniciar o tramo final da ascensión. Dende o cumio pódese albiscar toda a chaira que forma a comarca da Terra Chá.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O Monte Monseivane na páxina de Turismovilalba.com
Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Vilalba