Robert Louis "Bob" Fosse, nado en Chicago, Illinois o 23 de xuño de 1927 e finado en Washington, D.C. o 23 de setembro de 1987, foi un actor, bailarín, coreógrafo e director de cinema e de teatro estadounidense. É a única persoa que gañou no mesmo ano un Oscar, un Emmy e un Tony ao mellor director.
Traxectoria Comezou a bailar e actuar cando era moi novo, facendo xiras pola área de Chicago e, ao ser recrutado, en bases navais do océano Pacífico.
Marchou a Nova York coa intención de converterse no novo Fred Astaire. A súa actuación coa súa primeira esposa, Mary Ann Niles, chamou a atención de Dean Martin e Jerry Lewis, conseguindo máis contratos, chegando á Metro-Goldwyn-Mayer en 1953.
Tras algunhas interpretacións en películas, comezou unha carreira coma coreógrafo en Broadway. Alí creou musicais como Sweet Charity ou Chicago.
A súa carreira coma director de cine está composta por só cinco filmes. Por tres deles conseguiu candidaturas ao oscar como mellor director, gañándoo por Cabaret. Empeza o espectáculo gañou tamén a Palma de Ouro.
Finou dun ataque ao corazón en 1987.
Obra 1969 - A doce caridade 1972 - Cabaret 1974 - Lenny 1979 - Empeza o espectáculo 1983 - Star 80
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Óscar ó mellor director