miniatura|Elaine May e Mike Nichols en 1960.

Mikhail Igorevich Peschkowsky, nado en Berlín, Alemaña o 6 de novembro de 1931 e finado o 19 de novembro de 2014 en Nova York, foi un director de cinema e de teatro estadounidense de orixe alemá.Gates (2010), pp. 14-33 Era coñecido como Mike Nichols.

Traxectoria Fillo dunha xudía alemá e dun inmigrante ruso nado en Viena. Dada a situación perigosa para os xudeus en Alemaña, seu pai fuxiu aos Estados Unidos en 1939, e pouco tempo despois chegou Nichols xunto co seu irmán máis novo. A nai e o resto da familia fuxiron a través de Italia e reuníronse con eles en Nova York, onde cambiaron o seu apelido polo de Nichols.

Mentres estudaba medicina na Universidade de Chicago, comezou a faltar a clases para ir ao teatro. Finalmente deixou a universidade para ingresar no Actor’s Studio.

A súa carreira artística comezou facendo un dúo cómico con Elaine May, con que actuou por todo o país cun grande éxito e coa gravación do programa en disco gañaron un Grammy en 1961 ao mellor álbum de comedia. Pouco despois separáronse e comezou a carreira en solitario de Nichols.

Tras dirixir varias obras teatrais foi contratado para levar ao cine ¿Quen teme a Virginia Woolf?, de Edward Albee. O filme foi un grande éxito, conseguindo trece candidaturas ao Óscar. O seu seguinte filme, O graduado, converteuse no máis exitoso do ano 1967 e con el gañou o Óscar ao mellor director. A pesar destes éxitos seguiu dirixindo tamén teatro.

Nos oitenta recuperou o éxito perdido no cinema con Silkwood e Working Girl. E máis adiante tamén triunfou na televisión con Wit e Angels in America.

Nichols faleceu cando tiña 83 anos por mor dun infarto en Nova York, o 19 de novembro de 2014.

Premios DataModalidadeTítuloPremioCategoría1961DiscoAn Evening With Mike Nichols And Elaine MayGrammyMellor disco de comedia1964TeatroBarefoot in the ParkTonyMellor director1965TeatroLuv: The Odd CoupleTonyMellor director1967PelículaO graduadoÓscarMellor directorBAFTAMellor directorGlobo de OuroMellor película cómica ou musical1968TeatroPlaza suiteTonyMellor director1972TeatroThe Prisoner of Second AvenueTonyMellor director1977PelículaAnnieTonyMellor musical1984TeatroThe Real ThingTonyMellor obra2001TelefilmeWitEmmyMellor TV MovieMellor director TV Movie2004TelefilmeAngels in AmericaEmmyMellor TV MovieMellor director TV Movie2005TeatroSpamalotTonyMellor director musical2012TeatroDeath of a SalesmanTonyMellor director Tamén foi nomeado candidato aos premios Óscar como Mellor director en 1966 (Who's Afraid of Virginia Woolf?), 1983 (Silkwood) e 1988 (Working Girl).

Obra 1966 - ¿Quen teme a Virginia Woolf? 1967 - O graduado 1968 - Teach Me! 1970 - Catch-22 1971 - Carnal Knowledge 1973 - O día do golfiño 1975 - The Fortune 1980 - Gilda Live 1983 - Silkwood 1986 - Heartburn 1988 - Biloxi Blues 1988 - Working Girl 1990 - Postcards from the Edge 1991 - Regarding Henry 1994 - Wolf 1996 - Unha gaiola de grilos 1998 - Primary Colors 2000 - What Planet Are You From? 2001 - Wit (TV) 2003 - Angels in America (TV) 2004 - Closer 2007 - Charlie Wilson's War

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Mike Nichols en FilmAffinity (en castelán)

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía