San Martiño de Tiobre é unha parroquia que se localiza no concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 583 habitantes (303 mulleres e 280 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 607 habitantes.
Cultura Topónimo Tiobre é un topónimo céltico que se regire a unha fortificación ou castro. Xorde antes do século III.
Patrimonio Igrexa de San Martiño de Tiobre, de estilo románico do século XII. Sobresae a espadana dobre rematada nun corpo triangular flanqueado por pináculos. Igrexa da Nosa Señora dos Remedios de Tiobre, de estilo renacentista dos séculos XVI-XVII. Fonte dos Remedios. Cruceiro dos Remedios
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Tiobre
Parroquias de Betanzos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Betanzos Galería de imaxes da igrexa de San Martiño de Tiobre
Categoría:Parroquias de Betanzos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía