miniatura|Cee visto dende Corcubión.En Cee, na enseada de Caneliñas, funcionou durante moitos anos unha factoría baleeira. miniatura|Caza de baleas en Holanda.Gravado do século XVI. miniatura|Imaxe da caza de baleas no século XVIII. (Das viaxes de James Cook).
A caza de baleas en Galicia debeu comezar, como nas outras costas atlánticas europeas e do Pacífico, en tempos inmemoriais, na máis remota antigüidade. Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao ano 3000 a.C.The history of whaling Durante moito tempo xa se pensara que esta caza era de orixe prehistórica, aínda que sen ningunha proba real até que recentemente varias pinturas rupestres en Francia e España foron recoñecidas como representando escenas deste tipo de caza.
En Galicia non se ten documentos históricos relacionados coa caza de cetáceos até o século XIII, pero é razoábel pensar que xa se practicaba varios séculos antes. A dicir de Valdés Hansen, as baleas, especialmente a balea franca, foi unha especie máis de pesca para os mariñeiros galegos. Durante sete séculos, Galicia foi un país de baleeiros, e dos que fan historia. A caza e comercialiación de cetáceos para o seu uso na fabricación de produtos importantes, desde o aceite que alimentaba a iluminación anterior á chegada da electricidade, até as barbas requiridas para pezas de vestir de luxo en Cataluña ou as baleas de paraugas e parasois, até a comercialización da carne e de produtos usados en farmacia e cosmética, tivo grande incidencia no desenvolvemento urbano de toda Galicia. Non só lle deu proxección exterior e renome mundial, senón que tamén contribuíu ao crecemento económico e de poboación de toda a súa franxa atlántica, e mesmo hai portos galegos que naceron da actividade baeeira, como o de Burela (Lugo) ou o de Suevos (Punta Lagosteira).Vadés Hansen, F. (2010).
Inicialmente limitábase á captura de animais na costa, pero co paso dos séculos, a técnica de caza comezou a mellorar, usándose pequenas embarcacións en mar aberto para asustaren os cetáceos con ruído e levalos á costa. Esta forma de cacería usábase para capturar especies de cetáceos relativamente pequenas, como caldeiróns, belugas, narvais e toniñas.Prehistoric Inuit whalers affected Arctic freshwater ecosystems
Idade Media miniatura|Cabo Prior, onde estaba a granxa da Reparada.
Aínda que pouco se sabe do fidalgo Pedro Fernández de Andrade, II Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba entre 1397 e 1407, si que é ben coñecida a usurpación que fixo da granxa da Reparada (posteriormente coñecida como de Covas, Ferrol) que era dominio dos monxes de Sobrado. Esta granxa incrementara moito a súa importancia desde que, en 1286, o rei Sancho IV de Castela, O Bravo, lle concedera ao mosteiro de Sobrado o décimo da baleaxe (a pesca da balea) que se matase no porto de Prioiro, que pertencía á granxa.
Dado que o couto da Reparada lindaba con Ferrol, que era señorío dos Andrade, estes sempre trataron de ampliar os seus dominios coas propiedades da granxa. Ante a usurpación de Pedro Fernández de Andrade, o rei Xoán I de Castela obrigouno a que lle devolvese a granxa aos monxes. Porén, os seus descendentes sempre fixeron intentos para apoderarse dela ou, polo menos, da súa mellor parte, o porto e o monte de Prioiro. Os monxes de Sobrado, cansos de loitaren cos Andrade, acabaron cedéndolles o referido porto, que aínda posuían a comezos do século XIX, cando se aboliron os dereitos señoriais.
O porto de Prioiro era un dos máis importantes que había na Idade Media no norte da Península Ibérica para a matanza e despezamento de baleas que se capturaban nas costas galegas, aínda que é de supoñer que non fose o único. O seu maior desenvolvemento alcanzouse nos séculos XIII e XIV, e eran, principalmente mariñeiros biscaíños e guipuscoanos os que se encargaban das faenas, xa que eran os máis famosos cazadores de baleas francas do golfo de Biscaia, até o punto que esta especie, Eubalaena glacialis, se coñece tamén en distintas linguas como balea vasca ou balea dos vascos.
Idade Moderna Ao longo da Idade Moderna, durante os séculos XVI e, sobre todo, XVII, Galicia foi o caladoiro de baleas máis importante da Península Ibérica. As bases baleeiras máis importantes localizábanse na comarca da Mariña lucense, nos portos de Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao e Bares e, no litoral atlántico, destacaban os de Caión e Malpica, na Costa da Morte.Museo Provincial do Mar San Cibrao, Lieiro, Cervo (Lugo).
A caza, daquela aínda artesanal, aproveitaba a migración das mandas de baleas francas que pasaban polo mar Cantábrico desde as súas zonas de alimentación, no Atlántico norte, entre os meses de outubro a marzo, cara ás zonas de reprodución, en augas cálidas meridionais. A frota baleeira, integrada por unha chalupa principal (bote con cuberta e dous paus) e outras auxiliares, tiña o aparello preparado para saír ao mar tan pronto como o atalaieiro lles dese aviso de balea á vista. As chalupas galegas medían entre 6 e 8,5 m de eslora e portaban dous paus, coas súas correspondentes velas; a tripulación compoñíase de 46 ou 47 homes. O animal era suxeitado cun arpón de ferro, lanzado á man e, para esgotalo, acometíano con sangradeiras, semellantes ao arpón, pero coa punta lanceolada, destinadas a desangralo. Ambos os aparellos ían atados a unha estacha (cabo de cánabo). Unha vez morta, a balea era trincada (amarrada) entre varias embarcacións e levada a terra para o seu despezamento. Para tal fin usábanse diversos tipos de coitelos e machadas; a graxa ou saín fundíase xeralmente na mesma praia ou nas súas proximidades, en grandes caldeiros, para despois envasala en toneis para a súa comercialización.
miniatura|170px|Portada da Descripcion del Reyno de Galizia.
Temos unha descrición contemporánea das faenas dos cazadores de baleas galegos.
Na primeira metade do século XVII en portos como San Cibrao, Foz ou Burela a industria baleeira deu lugar a un produtivo intercambio comercial co resto da área cantábrica, chegando incluso até Francia. Pero despois, entre finais do século XVII e principios do século XVIII, a caza de baleas en Galicia foi esmorecendo por varias razóns, debido a que levaron á sobreexplotación e á case extinción do único mamífero mariño que se cazaba daquela nas nosas augas, a balea franca. O portos baleeiros aumentaran considerabelmente, aumentou o número de barcos (mesmo viñan barcos franceses), e os barcos aumentaron a súa tonelaxe, até que a caza desapareceu.
Idade Contemporánea Os fomentadores cataláns miniatura|Arpón no Museo do Mar de Galicia. No Antigo Réxime, as terras cultivadas pola poboación agraria (a maioría da poboación en Galicia) eran propiedade da Igrexa e da nobreza, tendo os campesiños que pagar os foros aos fidalgos.
Pero contra 1750 cambiaron as cousas, coa chegada dunha serie de burgueses cataláns para dedicarse á industria da salgadura de peixes (especialmente sardiña), para o que introduciron novos barcos (traiñeiras) e, sobre todo, artes de pesca, o que produciu numerosos enfrontamentos cos pescadores locais.
As súas factorías instaláronas en soares (aforados á nobreza e ao clero), en primeira liña de praia, en enseadas abrigadas e de fácil acceso para as embarcacións. Para facérense con estas propiedades, os cataláns recorreron a diferentes modalidades de contrato: alugaban, lograban unha cesión ou conseguían que se lles outorgase un foro.
Os fomentadores cataláns non se dedicaban só á industria da salgadura, senón que reproducían os esquemas de comportamento social propios da nobreza galega e chegaron a comprar terras e rendas forais á clase privilexiada, pero empobrecida, do antigo réxime.Sen dúbida a máis ilustre destas vendas foron as que realizaron Josefa Montenegro y Sacro e Dolores Peña Montenegro, a avoa e a nai de Valle-Inclán, ao catalán Manuel Llauger Peña. Co paso do tempo, e a mestura das familias dos fomentadores, inicialmente endógamas, con familias galegas, daría orixe a até entón practicamente inexistente burguesía galega.
Na segunda metade do século XIX comeza en Europa a caza industrial de baleas, coa aparición de dúas innovacións técnicas que reactivaron a actividade: a invención do canón lanza arpóns polo noruegués Sven Foyn, e o seu perfeccionamento, o arpón explosivo, e a mellora dos buques con propulsión a vapor e casco metálico. Até entón, a caza fora artesanal, implicando moitos máis riscos.
A finais do século XIX chegan as industrias conserveiras, que en pouco tempo foron substituíndo as de salgadura, que se completou nas primeiras décadas do século XX.
A suma desde dous feitos sentou as bases da resurrección da industria baleeira en Galicia.
O século XX En 1924 reimplantouse en Galicia a caza de baleas, con carácter plenamente industrial. Nese ano establecéronse no país dúas compañías baleeiras.
Unha delas foi a Compañía Ballenera Española, creada en 1914 con capital noruegués, aínda que non comezou a súa actividade até a fin da primeira guerra mundial. Os seus inicios foron na zona do estreito de Xibraltar, abrindo a que chegaría a ser famosa factoría de Caneliñas, na parroquia da Ameixenda (Cee) en 1924. miniatura|Praia de Barra, ao fondo da enseada do mesmo nome.
O outra foi a Sociedad Anónima Corona, con sede en Vigo e asociada a outra compañía norueguesa, que obtivo autorización para a caza de balea en decembro de 1923 e o ano seguinte comezou a súa actividade en Cangas de Morrazo, co buque-factoría Alfonso XIII, que fondeaba na enseada de Barra e na ría de Aldán; este buque era abastecido polas capturas dos barcos Corona I, Corona II, Corona III e Corona IV.
Debido á crise provocada pola guerra civil española e a segunda guerra mundial a industria baleeira galega estivo parada. Pero nos anos 1950 reaparece a caza de cetáceos, sendo Galicia o único lugar de España onde se practicou esta actividade neses tempos. En 1945 a empresa Industrias Balleneras (IBSA) restaura a factoría de Caneliñas, e en 1955 nace a empresa Balea C. B., participada a partes iguais por Massó Hermanos, Barreras e IBSA. A súa factoría, que estivo activa até 1985, foi instalada no lugar de Balea (Cangas de Morrazo), aproveitando material da desmantelada factoría de Benzú (Ceuta).
Estas compañías tiñan tres factorías en terra: Morás (Xove), Caneliñas (Cee) e Balea (Cangas de Morrazo), que eran abastecidas por até cinco barcos baleeiros: Lobeira, Carrumeiro, Ibsa I, Ibsa II (que foron afundidos con explosivos nun atentado no porto de Marín en 1980) e Ibsa III.
Os operarios das baleeiras estaban moi ben remunerados. O seu salario fixo podíase incrementar en 8000 pesetas por cada exemplar cazado, todo un luxo para a época. Das baleas e cachalotes aproveitábase todo, como do porco. Os traballadores incluso vendían as vísceras para exquisiteces gastronómicas, ou o aceite, que a RENFE utilizaba como combustíbel e como engraxante de máquinas ferroviarias.Los últimos cazadores de ballenas. La última factoría ballenera de España, situada en Cee, cesó su actividad tras renunciar a nuevas moratorias para la caza de cetáceos Diario La Voz de Galicia, 24 de marzo de 2012. Algúns opinan que a carne de balea era un manxar exquisito, cun sabor que semellaba o da carne de tenreira.Aínda que outros, que a probaron cando se vendía nas prazas de abastos alá polos anos 1960 dicían que si, pero que os filetes parecía que estaban fritos en "aceite de peixe".
A última factoría baleeira de Galicia (e, por tanto, de España), a de Caneliñas, pechouse en 1985.
Entre o esquecemento e a reconciliación
Esquecemento Poucos recordos quedan na actualidade en Galicia da actividade baleeira, a pesar da importancia que tivo e dos poucos anos transcorridos desde a súa desaparición. Apenas algunhas ruínas das factorías e dos seus peiraos, que pouco a pouco van desaparecendo, e uns poucos obxectos relacionados coa captura e o despezamento daqueles grandes animais. miniatura|Dorna portando nasas.