O Gran Premio da Arxentina de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 12 de xaneiro de 1975 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de , e o duodécimo Gran Premio da Arxentina e a segunda, que se celebrou na versión largada do circuíto de seis quilómetros ao redor do lago que se atopa ao nordeste do circuíto.
A carreira foi gañada por segunda vez polo piloto brasileiro Emerson Fittipaldi pilotando un McLaren M23 cunha vantaxe de seis segundos sobre James Hunt no seu Hesketh 308. Carlos Reutemann obtivo o seu mellor resultado ata ese momento na súa carreira de casa, terminando terceiro no seu Brabham BT44B.
Resumo da carreira
A pretempada foi bastante tranquila, Jochen Mass substituíra a Denny Hulme en McLaren, John Watson uniuse a Surtees e Mike Wilds, Rolf Stommelen e Jacques Laffite confirmáronse en BRM, Hill e Williams respectivamente.
March anunciara a súa retirada, pero logo nunha inesperada decisión confirmou a súa participación en con Vittorio Brambilla e a muller piloto Lella Lombardi.
Ronnie Peterson tivo problemas contractuais, ao parecer descontento con Lotus e houbo dúbidas ata o inicio do Gran Premio si estaría pilotando para eles ou para Shadow.
Jean-Pierre Jarier demostrou a eficacia dos Shadow, facendo a volta máis rápida do circuíto, unha media de 196 km/h para gañar a súa primeira pole por diante de Carlos Pace e Carlos Reutemann.
Pero todo foi en balde. Na volta de quecemento, rompeulle un piñón da coroa dentada, e non puido saír. O heroe local Reutemann tomou o liderado diante de Pace. James Hunt pilotaba o novo Hesketh coa nova suspensión de caucho subiu do sexto ata o terceiro lugar, loitando con Niki Lauda. Jochen Mass e Jody Scheckter engancháronse e tiveron que parar en boxes. Mentres tanto, John Watson perdeu terreo debido a un problema coa bomba de gasolina e foi descualificado logo de intentar reparalo na pista.
Wilson Fittipaldi estrelouse na volta 13, o coche incendiouse e tivo que saír o camión de bombeiros. Hunt pasara Lauda e foi a captúra dos dous Brabhams. Pace tomou a dianteira na volta 15, pero ó pasar por riba da escuma usada para apagar o coche de Wilson fixo un trompo e caeu ao oitavo lugar. Reutemann tomou o liderado,seguido por Hunt, Lauda e Emerson Fittipaldi. Na volta 23 o brasileiro foi capaz, tras unha serie de intentos infrutuosos, de pasar ao piloto de Ferrari. O líder da carreira Carlos Reutemann, con problemas nos pneumáticos, foi pasado na volta 25 por Hunt, e na seguinte volta, tamén por Fittipaldi. O brasileiro acadou o liderado da carreira na volta 35 que aguantou ata o final da carreira. James Hunt consolouse coa volta rápida, a primeira e única na historia de Hesketh.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 53 1:39:26.29 5 9 2 24 James Hunt Hesketh-Ford 53 + 5.91 6 6 3 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 53 + 17.06 3 4 4 11 Clay Regazzoni Ferrari 53 + 35.79 7 3 5 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 53 + 54.25 8 2 6 12 Niki Lauda Ferrari 53 + 1:19.65 4 1 7 28 Mark Donohue Penske-Ford 52 + 1 volta 16 8 6 Jacky Ickx Lotus-Ford 52 + 1 volta 18 9 9 Vittorio Brambilla March-Ford 52 + 1 volta 12 10 22 Graham Hill Lola-Ford 52 + 1 volta 21 11 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 52 + 1 volta 9 12 16 Tom Pryce Shadow-Ford 51 Transmisión 14 13 23 Rolf Stommelen Lola-Ford 51 + 2 voltas 19 14 2 Jochen Mass McLaren-Ford 50 + 3 voltas 13 Ret 8 Carlos Pace Brabham-Ford 46 Motor 2 NC 20 Arturo Merzario Williams-Ford 44 Non clasificado 20 Ret 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 27 Transmisión 10 Ret 14 Mike Wilds BRM 24 Motor 22 Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 15 Motor 11 Ret 21 Jacques Laffite Williams-Ford 15 Caixa de cambios 17 Ret 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 12 Accidente 23 DSC 18 John Watson Surtees-Ford 6 Descualificado 15 NTS 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 0 Transmisión 1
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Emerson Fittipaldi 9 2 James Hunt 6 3 Carlos Reutemann 4 4 Clay Regazzoni 3 5 Patrick Depailler 2
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford 9 2 Hesketh-Ford 6 3 Brabham-Ford 4 4 Ferrari 3 5 Tyrrell-Ford 2
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1975 Categoría:Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1