Dimetrodon (do grego antigo "dentes de dobre medida") é un xénero de depredadores sinápsidos fósiles, que viviron durante o período permiano da era paleozoica, hai 295 a 272 millóns de anos É o único membro da familia Sphenacodontidae. A máis salientable característica do Dimetrodon é a súa vela espiñal neural no seu lombo, formada por longas espiñas que se estenden dende as vértebras. Camiñaban a catro patas e tiñan un cranio alto e curvo con grandes dentes de diferentes tamaños situados ó longo das mandíbulas. A maioría dos fósiles foron descubertos no suroeste dos Estados Unidos, moitos deles nun depósito xeolóxico coñecido como Red Beds de Texas e Oklahoma. Tamén foron descubertos algúns fósiles en Alemaña. Nomeáronse unha ducia de especies dende que o xénero foi descrito por vez primeira en 1878.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Dimetrodon Palaeos en Dimetrodon Introdución ós Pelicosauros páxina da University of California Museum of Paleontology sobre os primeiros sinápsidos, incluíndo o Dimetrodon

Categoría:Fósiles descritos en 1878