Diego San José de la Torre, nado en Madrid o 9 de agosto de 1884 e finado en Redondela o 10 de novembro de 1962, foi un escritor, xornalista e historiador español, estudoso do Século de Ouro, cronista de Madrid e un prolífico colaborador de Novela Corta e El Cuento Semanal.

Traxectoria Naceu na rúa Torrecilla del Leal de Madrid, aínda que a familia trasladouse despois á rúa Ventura de la Vega. Era o maior de 6 irmáns e seu pai era propietario dun negocio de alugueiro de coches de luxo. Fixo os seus primeiros estudos no Colexio de Montserrat e nas Escolas Pías de San Antón e desde moi novo sentiu a chamada das letras sendo un voraz devorador dos clásicos do Século de Ouro.

Ante as súas inclinacións literarias, seus pais intentaron apartalo dun futuro tan incerto, así, durante algún tempo tomou leccións de debuxo de Alejandro Saint Aubin, foi escribente en Las Salesas Reales e traballou na secretaría particular de José Canalejas, aínda que logo empezou a publicar os seus primeiros versos nas revistas Madrid Cómico e Vida Galante. Aos 23 anos, estreou no Teatro de la Princesa a comedia El último amor e máis adiante El semejante a sí mismo. Colaborou nos diarios El Globo, La Mañana, ABC e El Imparcial. Por esta época veu a luz o seu primeiro libro, Los hijosdalgos del Hampa. Colaborou nos máis prestixiosos diarios e revistas de Madrid e o seu nome faise popular e ten infinitos lectores.

En 1931 coa chegada da II República adheriuse a ela, cando era un dos escritores máis populares de España, que xa escribira milleiros de artigos, trinta libros, máis de sesenta novelas, crónicas, lendas, temas de historia e poesía. Amigo do escritor Ramón Fernández Mato, ocupou a Xefatura de prensa da Dirección Xeral de Seguridade, dirixida polo escritor e político galego. Durante a guerra non deixou de publicar na prensa artigos nos que defendía o réxime legal establecido, aínda que nunca militou en ningún partido. Por iso foi detido o 10 de abril de 1939 e enviado a prisión por dirixir durante tres anos o nada esquerdista Blanco y Negro; o Consello de Guerra condenouno a morte, conmutándose esta pola de cadea perpetua, grazas á intervención do xeneral José Millán-Astray, amigo e admirador do escritor.

O final da Guerra Civil supuxo para o escritor o final da súa carreira literaria, pois xa non tiña cabida no novo réxime. Foi trasladado á prisión da illa de San Simón, na ría de Vigo e cando se cerrou esta, foi enviado ao cárcere de Vigo, situado na rúa do Príncipe. Pasou cinco anos de reclusión, ata que foi liberado, establecendo a súa residencia en Redondela ata a súa morte. Diego San José contou a súa experiencia carceraria en De cárcel en cárcel, importante documento da época. Continuou escribindo, baixo o pseudónimo de Román de la Torre, aínda que xa moi poucos libros verían a luz, algunhas colaboracións na revista Caminos de Hierro, editada por RENFE e en Faro de Vigo. O resto da súa obra posterior á guerra segue aínda inédita. O seu penúltimo libro, Estampas Nuevas del Madrid Viejo, dedicoullo a José Regojo e á súa esposa Rita Otero Fernández, quen, xunto a Ernestina Otero Sestelo, lle brindaron a súa axuda durante a súa estancia en Redondela, onde faleceu o 10 de novembro de 1962.

Trala súa morte publicouse en 1988 a obra autobiográfica De cárcel en cárcel, ilustrada con debuxos de José Robledano e versos do autor, nos que palpita a emoción daqueles momentos e que foron sacados burlando a vixilancia estreita das prisións, grazas a diversos enxeños e medios, e que hoxe son fiel testemuña do acontecido naqueles anos nos cárceres de España.

Obra Novela Cuando el motín de las capas. De cárcel en cárcel. Doña Constanza. El alma al diablo. El humo de la gloria. El jardín de Lope. El Libro de Horas. El sombrero del rey. En pecado mortal. Gente de ayer. Ginés de Pasamonte. Godoy. Gratas memorias. La estatua de nieve. La Mariblanca. La monja del amor humano. Las llamas del Fénix. Mozas del partido. Puñalada de pícaro. Una pica en Flandes. Una vida ejemplar (Ginés de pasamonte). El Alma de Torquemada.

Narracións históricas El abogado del diablo. Breviario Histórico de la Vida de Felipe II. El Cura Merino'. El Madrid de Goya. Estampas nuevas del Madrid viejo. La corte del rey embrujado. La corte del Rey galán. La monarquía, la privanza y el ingenio. Los Hijosdalgos del hampa. Madrid Fernandino. Martirologio Fernandino. Mentidero de Madrid. Milicias de la libertad. Vida ejemplar de Isabel II. Vida y "milagros" de Fernando VII.

miniatura|300px|Illa de San Simón na Ria de Vigo

Teatro El manteo prodigioso (Adaptación). El primer novio. El semejante á si mismo (Adaptación). El tren expreso. Fuenteovejuna (Adaptación). Las mocedades de Lope. La ilustre fregona (Adaptación). Un último amor. Espronceda.

Poesía Mis primeros versos. Rufianescas. De cárcel en cárcel. Versos de capa y espada.

Zarzuela La Ventera de Alcalá.- Letra: José María Granada e Diego San José, Música: Luna e Calleja

Panxoliñas Arre Borriquito.- Música Ricardo Boronat.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1962