Vladimir Sergeevich Dashkevich (en ), nado o 20 de xaneiro de 1934, é un compositor ruso, coñecido principalmente pola súa música para o cine.

Traxectoria Inda que primeiro estudou tecnoloxía química, logo cursou música baixo Aram Khachaturian. Acadou prominencia en Rusia pola súa música para as series de filmes "Sherlock Holmes e o Dr. Watson", así como para numerosos filmes máis (entre eles, Bumbarash, do cineasta ucraíno Nikolai Rasheiev). A súa longa colaboración coa famosa cantante Elena Kamburova resultou en varios ciclos vocais baseados nas letras dos poetas da Idade de Prata da poesía rusa, incluíndo o Réquiem de Anna Akhmatova.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Compositores de Rusia Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Moscova