O ácido sapiénicoChemSpider Sapienic acid (16:1, n-10, ácido cis-6 hexadecenoico, ou sapienato) é un ácido graxo 16 carbonos insaturado (cun dobre enlace) no carbono 10, que é un compoñente importante da secreción sebácea humana producida polas glándulas sebáceas. O ácido sapiénico é exclusivo do ser humano (Homo sapiens) e diso lle vén o seu nome (sapiens > sapiénico). O único tecido que o produce en cantidades significativas é o das glándulas sebáceas. O ácido graxo equivalente presente nas secrecións sebáceas dos ratos é o ácido palmitoleico. O ácido sapiénico foi implicado no desenvolvemento do acne, e pode ter unha potente actividade antibacteriana.

O ácido sapiénico biosintetízase na glándula sebácea a partir da desaturación delta 6 do ácido palmítico. Noutros tecidos o substrato do encima delta 6 desaturase é o o ácido linoleico. Un produto do alongamento en dous carbonos do ácido sapiénico chamado ácido sebaleico, tamén se encontra nas secrecións sebáceas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ceras, The Lipid Library

Categoría:Ácidos graxos