miniatura|O FIAT 4 HP no National Motor Museum, no Reino Unido. O Fiat 4 HP, ou 3 ½ HP, foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.

Características O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.

Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes. O 3 ½ tiña unha carrozaría de Marcello Alessio de Turín. Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.

Galería

Notas

Categoría:Modelos de Fiat