Vivian Mary Hartley, nada en Darjeeling, India o 5 de novembro de 1913 e finada en East Sussex o 8 de xullo de 1967, foi unha actriz de cinema e teatro británica.
Traxectoria Naceu na St. Paul’s School en Darjeeling, India, filla dun oficial de cabalería inglés. Con seis anos foi enviada a estudar ao Reino Unido. Cando contou aos seus pais que desexaba converterse en actriz, apuntárona na Royal Academy of Dramatic Art de Londres.
En 1932 casou cun compañeiro, trece anos maior, Leigh Holman, e pouco despois debutou cun pequeno papel nun filme e conseguiu un axente. Este foi quen lle suxeriu que o nome de “Vivian Holman” non era axeitado, decidíndose a usar como nome artístico “Vivien Leigh”, collendo o nome de pía do seu marido.
Grazas a participar en producións de Alexander Korda coñeceu a Laurence Olivier, co que comezou un romance mentres actuaban en 1937 en Fire Over England, mentres aínda ámbolos dous estaban casados.
En 1939 interpretou o papel de Scarlett O’Hara en Foise co vento, que lle valeu o seu primeiro Óscar.
En 1940, casou con Laurence Olivier en Santa Barbara, California. Volveron a Europa en 1943, onde Leigh actuaría para os soldados, antes de pasar unha tempada no hospital por tuberculose. Ao pouco tempo sufriu tamén un aborto que a levaría a unha fonda depresión.
En 1946 volveu ao traballou con obras de éxito, como A Streetcar Named Desire, de Tennessee Williams. Repetiría o personaxe de Blanche DuBois na versión cinematográfica, coa que gañou de novo o oscar, entre outros premios.
Nos anos seguintes a súa saúde empeorou, así como a súa relación con Olivier, do que se divorciou en 1960. A pesar da axuda da súa nova parella, o actor Jack Merivale acabou volvendo a tuberculose e finou en 1967.
Filmografía Ano Filme 1935 The Village Squire1935 Things are looking up 1935 Look Up and Laugh 1935 Gentlement’s Agreement 1937 Fire Over England 1937 Dark Journey 1937 Storm in a Teacup 1938 A Yank at Oxford 1938 Sidewalks of London 1939 Foise co vento 1940 21 Days 1940 Waterloo Bridge 1941 That Hamilton Woman 1945 Caesar and Cleopatra 1948 Anna Karenina 1951 A Streetcar Named Desire 1955 The Deep Blue Sea 1961 The Roman Spring of Mrs. Stone 1965 Ship of Fools
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores do Reino Unido Categoría:Nados en Bengala Occidental Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Finados por tuberculose