Margaret Natalie Smith, nada en Ilford (Essex) o 28 de decembro de 1934, e finada en Londres o 27 de setembro de 2024, foi unha actriz de cinema, teatro e televisión británica.

Traxectoria Comezou a súa carreira teatral na universidade, actuando no Oxford Playhouse en 1952, e debutou profesionalmente en Broadway en New Faces of '56. Apareceu por primeira vez no cinema en 1956, nun papel sen acreditar como convidade a unha festa no drama británico Child in the House e recibiu os primeiros eloxios polo filme Nowhere to Go (1958), polo que recibiu a súa primeira candidatura aos premios da BAFTA. En 1960 conseguiu a súa primeira candidatura ao óscar por interpretar a Desdémona en Othello, dirixido por Laurence Olivier.

Gañou o oscar á mellor actriz en 1969 por The Prime of Miss Jean Brodie, gañando tamén o de mellor actriz secundaria por California Suite nove anos despois. Por este papel é a única persoa que gañou un óscar por interpretar a unha candidata ficticia ao óscar.

Nas seguintes décadas continuou alternando traballos no teatro e no cinema, con filmes como Unha habitación con vistas, Gosford Park ou a serie de películas de Harry Potter.

En 2010 comezou a súa intervención na serie de televisión Downton Abbey.

Modelo En 2023, con 88 anos, converteuse como modelo da imaxe da colección de outono-inverno de Loewe despois de anuncialo o seu director creativo Jonathan Anderson, a través de Instagram.

Filmografía Ano Filme 1958 Nowhere to Go1962 Go to Blazes 1963 Hotel Internacional 1964 The Pumpkin Eater 1965 Othello 1965 Young Cassidy 1967 The Honey Pot 1968 Hot Millions 1969 The Prime of Miss Jean Brodie 1969 Oh! What a Lovely War 1972 Viaxes coa miña tía 1973 Love and Pain and the Whole Damm Thing 1976 Murder by Death 1978 Death on the Nile 1978 California Suite 1981 Quartet 1981 Loita de titáns 1982 Evil Under the Sun 1982 The Missionary 1983 Better Late Than Never 1984 A Private Function 1984 Lily in Love 1985 Unha habitación con vistas 1987 The Lonely Passion of Judith Hearne 1991 Hook, o capitán Garfo 1992 Sister Act 1993 Sister Act 2: Back in the Habit 1993 The Secret Garden 1995 Richard III 1996 The First Wives Club 1997 Washington Square 1999 Curtain Call 1999 The Last September 1999 Tea with Mussolini 2001 Gosford Park 2001 Harry Potter e a pedra filosofal 2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos 2002 Divine Secrets of the Ya-Ya Sisterhood 2004 Harry Potter e o preso de Azkaban 2004 Ladies in Lavender 2005 Keeping Mum 2005 Harry Potter e o cáliz de fogo 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix 2007 Becoming Jane 2009 Harry Potter e o misterio do príncipe 2009 From Time to Time 2010 Nanny McPhee and the Big Bang 2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) 2012 The Best Exotic Marigold Hotel 2012 Quartet 2014 My Old Lady 2015 The Second Best Exotic Marigold Hotel The Lady in the Van2018 Sherlock Gnomes Nothing Like a Dame 2019 Downton Abbey 2021 A Boy Called Christmas 2022 Downton Abbey: A New Era 2022 A German Life 2022 The Miracle Club

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Maggie Smith: A Bright Particular Star por Michael Coveney, Victor Gollancz Ltd, setembro de 1992, . Posteriormente revisado como Maggie Smith: A Biography, 2015. Maggie Smith. A View From The Stalls por Caroline Février, The Book Guild Ltd, publicado o 28 de marzo de 2018, 330 páxinas, .

Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Nados en Essex Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Óscar á mellor actriz