Blackrock é un filme australiano dirixido por Steven Vidler que se estreou en 1997. Internacionalmente, é coñecida por ser o primeiro papel importante do actor Heath Ledger.
Sinopse Blackrock é un suburbio onde o surf é moi popular entre os mozos como Jared (Laurence Breuls). Ricko (Simon Lyndon), unha lenda do surf local, retorna tras once meses de viaxe e Jared dálle unha gran "benvida"; sen supervisión e co alcohol de libre acceso, a traxedia chega axiña. Jared é testemuña de que unha rapaza chamada Tracy (Bojana Novakovic) é violada por catro mozos, entre eles o irmán da súa moza, Toby (Heath Ledger), e non fai nada para deter a agresión.
Personaxes Laurence Breuls como Jared Kirby Simon Lyndon como Ricko Linda Cropper como Diane Kirby Jessica Napier como Rachel Ackland Rebecca Smart como Cherie Milenko Bojana Novakovic como Tracy Warner Leeanna Walsman como Shana Nichole Stewart como Leanne Justine Clarke como Tiffany Heath Ledger como Toby Ackland Cameron Nugent como Jason Brendan Donoghue como Dave Jade Gatt como Scottie George Basha como Kemel Shayne Francis como Glenys Milenko Jeanette Cronin como Lesley Warner David Field como Ken Warner Geoff Morrell como Stewart Ackland Julie Haseler como Marian Ackland Chris Haywood como Det. Wilansky Essie Davis como Det.Gilhooley John Howard como Len Kirby
Críticas O filme xerou bastante controversia e malestar, debido a que está baseada en feitos reais, e fíxose sen o consentimento dos familiares. Ademais, a xente do lugar non permitiu gravar nas localizacións dos feitos xa que o crime era aínda moi recente. Alén desta polémica, a longametraxe xerou boas críticas en Australia, algo que non sucedeu no estranxeiro xa que o asasinato e violación de Leigh Leigh era descoñecido noutros países e o público recibiu o filme como superficial e cliché.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia