O termo Cuña pode referirse a:
Unha cuña é unha ferramenta con forma triangular e unha das seis clásicas máquinas simples. Tamén existe o verbo cuñar, que é a acción de darlle forma ó metal para que quede como unha moeda (cuñaxe).
Como topónimo, Cuña pode referirse a:
En Galiza A Cuña, lugar da parroquia de San Mateo de Oliveira, no concello de Ponteareas; O Agro da Cuña, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira; Cuñarro do Cabo, lugar da parroquia de Arnego, no concello de Rodeiro; Cuñarro do Medio, lugar da parroquia de Arnego, no concello de Rodeiro; Os Cuñarros, lugar da parroquia de Tella, no concello de Ponteceso; Acuña, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Vilaboa.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Ánxeles Cuña, dramaturga e política galega (1957-); Manuel Cuña Novás, escritor e político galego (1924-1992); Jorge Cuña Casasbellas, escritor galego (1945-2004).
Véxase tamén Outros artigos
Cuño, lugar da parroquia de Morquintián, no concello de Muxía; La Cuña, periódico publicado na Coruña en 1908, de tendencia anarcosindicalista.