San Salvador de Bastavales é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 239 habitantes (124 mulleres e 115 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.

Historia No lugar de Cirro descubriuse na década de 1960 unha vila romana. Atopáronse restos do hypocaustum (forma de calefacción) con pavimentos de baldosas de barro vermellas e o comezo das pilastras de ladrillo cadrado.

No ano 1851 San Salvador de Bastavales deixou de existir como parroquia, sendo repartida entre San Xulián de Bastavales (os lugares de Soutullos e San Salvador) e Santa María dos Ánxeles (o resto dos lugares).

No ano 1908 xa existía o Centro Social, Agrícola e Pecuario de Bastavales. En 1933 constituíuse o Sindicato Republicano agrícola e pecuario de San Xulián e San Salvador de Bastavales, que tiña sede propia no lugar de Soutullos. O edifico foi restaurado recentemente polo concello.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Salvador de Bastavales

Parroquias de Brión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Brión

Ligazóns externas San Salvador de Bastavales na web do concello de Brión

Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador