Non confundir coa invasión romana da Britania.

As invasións da Britania por César son dúas campañas bélicas dirixidas polo xeneral da República Romana Xulio César contra o sur da illa de Gran Bretaña coñecida como Britania polos romanos. Durante a Guerra das Galias, César invadiu a illa en dúas ocasións: en 55 e 54 a. C.Caio Xulio César, Commentarii de Bello Gallico 4.20-35, 5.1, 8-23; Dión Casio, Historia Romana 39.50-53, 40.1-3 (LacusCurtius); Floro, Compendio de la Historia Romana 1.45 A primeira invasión tivo lugar en verán e descoñécese se foi planeada como unha invasión a grande escala (se así fora, foi un fracaso, xa que Roma só puido conquistar a praia de Kent e pouco máis), ou como unha misión de recoñecemento. A segunda tivo máis éxito, e César logrou restaurar no trono dos trinovantes o seu aliado Mandubracio, depoñendo o seu rival Casivelauno. Aínda que César non logrou conquistar territorios para a república, o éxito da campaña radica en que Roma contou cos seus primeiros aliados na illa e impuxo os primeiros tributos entre as tribos de Britania.

Situación de Britania

Britania era coñecida durante a Antigüidade clásica como unha gran fonte de estaño. A illa fora probablemente explorada polo xeógrafo grego Piteas no século IV a. C. e polo navegante cartaxinés Himilcón no século V a. C., pero a súa posición no orbe, separada polo océano do resto do mundo coñecido, conferíalle un alto grao de misterio. Algúns historiadores insistían incluso en que a súa existencia era pura falacia,Plutarco, Vida de César 23.2 e a viaxe de Piteas desestimouse como se fora mentira.e.g. Estrabón, Xeografía 2:4.1; Polibio, Historias 34.5 miniatura|left|200px|Gran Bretaña desde o espazo.

Na época en que César foi nomeado gobernador proconsular das provincias galas e entrou en guerra contra practicamente todos os pobos da rexión, iniciando un conflito que pasaría á historia co nome da Guerra das Galias, Britania vivía a súa Idade de Ferro no seu apartado curruncho. As fontes antigas estiman que, nesta época, a illa contaría con aproximadamente un millón de habitantes. Os xacementos arqueolóxicos amosan unha forte división económica entre as terras altas e as baixas. Ao sueste das terras baixas estendíanse grandes zonas de terras fértiles, con amplas rexións cultivables que daban lugar a unha agricultura considerablemente dinámica. As comunicacións estaban bastante desenvolvidas a través dunha serie de camiños que conectaban diversos puntos da xeografía britana; as máis importantes foron a Vía Icknield, a Vía Pilgrim e a Vía Xurásica, sen contar os ríos navegables, como o Támese. Nas terras altas, na rexión situada ao norte da liña entre Gloucester e Lincoln, o relevo máis accidentado complicaba as comunicacións e facía máis difícil a agricultura, polo que predominaba o pastoreo. Nesta zona, a poboación habitaba en recintos fortemente fortificados, en contraste cos oppidum menos protexidos do sueste da rexión. As fortalezas erixíanse xeralmente nas inmediacións dos ríos navegables, o que pon de manifesto a importancia da comercio en Britania. Os intercambios comerciais con Roma incrementáronse coa conquista romana da Galia Transalpina no ano 124 a. C., cando os comerciantes iniciaron o comercio do viño italiano a través da rexión da Armórica.Sheppard Frere, Britania: Historia de la Britania Romana, terceira edición, 1987, pp. 6-9

Os escritos de César din que os belgas do nordeste da Galia viaxaran a través do océano e asentáranse no sur das illas, establecendo colonias nas áreas costeiras e mantendo o seu poder en ambas zonas grazas á forza do seu rei Diviciaco, monarca dos suesiones.Commentarii de Bello Gallico 2.4, 5.12 A súa cuñaxe monetaria mostra un complexo modelo de asentamento belga na zona. As primeiras moedas galo-belgas que se encontraron na Britania datan do ano 100 a. C., ou quizais do 150 a. C., e atopáronse principalmente na rexión de Kent. As moedas que se encontraron posteriormente localízanse ao longo de toda a costa sur, até o oeste de Dorset. Todo isto fai pensar que a influencia belga concentrábase no sueste da illa, aínda que debeu estenderse cara ao oeste e o interior, posiblemente a través de caciques que impuxeron o seu poderío militar aos nativos britanos.Frere, Britannia pp. 9-15

Primeira invasión (55 a. C.) Preparativos e recoñecemento miniatura|200px|Unha birreme, posiblemente utilizada por César para atravesar o Canal da Mancha. Este medio de transporte era totalmente inadecuado para facer fronte ás fortes tormentas que había nas augas da Britania.

Durante o transcurso da súa campaña na Galia, César alegou que os britanos estiveran apoiando os belgas na súa campaña contra el, xa que os soldados galos que fuxían do campo de batallaCommentarii de Bello Gallico 2.14 dirixíanse aos asentamentos galos na Britania,Commentarii de Bello Gallico 2.4, 5.12. e os vénetos da Armórica, que controlaban o comercio coa illa, iniciaron negociacións cos seus aliados britanos para que acudiran ao continente combater contra Roma (56 a. C.).Commentarii de Bello Gallico 3.8-9 Segundo Estrabón, a rebelión dos vénetos do 56 a. C. tiña como obxectivo deter o avance de César cara á illa, o que destruiría as súas actividades comerciais.Estrabón, Xeografía 4:4.1

A finais do verán do ano 55 a. C., a pesar de que xa era tarde para iniciar unha campaña, César decidiu realizar unha expedición na Britania. O xeneral republicano convocou os comerciantes que negociaban coa illa, pero non puido obter ningunha información útil sobre as tácticas militares dos britanos, ou dos portos nos que podería desembarcar, xa que estes non querían perder o seu monopolio comercial. Carente de información, César enviou un dos seus tribunos militares, Caio Voluseno, nunha misión de exploración. Voluseno explorou a rexión de Kent, aínda que non se atreveu a internarse en territorio descoñecido por medo aos bárbaros,Commentarii de Bello Gallico 4.22 «e tras cinco días volveu á Galia, onde César ao fin obtivo algo da ansiada información».

Tras esta preocupante acción do xeneral romano, moitos dos pobos da Britania enviaron embaixadas aos comerciantes galos para que impediran a inminente invasión, comunicándolle a César unha promesa de submisión. César decidiu envialos de volta a Britania acompañados do seu aliado Comio, o rei do pobo dos atrébates, quen utilizou a súa influencia para atraer un bo número de tribos á súa causa.

Reuniu unha frota composta de oitenta barcos de transporte, suficientes para transportar dúas lexións (Legio VII e Legio X), e un número descoñecido de navíos de guerra. A frota reuniuse nalgún porto do territorio dos mórinos —probablemente o Portus Itius ( quizais Boulogne-sur-Mer)—. A eles uníronse outras dezaoito embarcacións, procedentes talvez de Ambleteuse, para transportar a cabalaría.Frere, Britannia, p. 19 Os barcos que César utilizou puideron ser trirremes ou birremes, ou un resultado da mellora dos barcos de guerra vénetos e doutras tribos costeiras. César deixou unha pequena gornición no porto e embarcou, sen perder tempo, coa infantaría, deixando atrás a cabalaría, que recibiu a orde de unírselles tan pronto como fora posible. Esta decisión podería ter sido un erro táctico, xa que a infantaría chegou á illa sen armamento pesado, ou tamén un indicio de que a auténtica intención de César era explorar o territorio e non conquistalo.Commentarii de Bello Gallico 4.30

Desembarco left|miniatura|200px|Gravado de César.

Inicialmente, César tratou de desembarcar en Dubris (Dover), cun porto natural que fora presumiblemente identificado por Voluseno como un punto apropiado para o desembarco. Non obstante, cando a armada romana avistou terra, unha forza masiva de britanos ocupou por completo os altos e cantís da praia. Isto disuadiu os romanos de desembarcar, xa que os inimigos que estaban na beira dos cantís podían masacralos lanzando as xavelinas que portaban.Commentarii de Bello Gallico 4.23 Tras esperar ancorados nunha praia próxima "até a hora nona" (desde as 3 da tarde e esperando presumiblemente a que o vento se tornara favorable), César convocou un consello de guerra, no que ordenou aos seus subordinados actuar por iniciativa propia. Despois, conduciu a frota unhas sete millas ao longo da costa cara a unha praia aberta. Debido á ausencia de restos arqueolóxicos, descoñecese a localización exacta do punto de desembarco, aínda que o lugar máis probable é a praia entre Deal «The Landings of Caesar in Britain, 55 and 54 BC» Athena Review, Vol.1, no.1 Consultado o 22 de outubro de 2012. e Walmer.

Con toda a praia ateigada polos carros e a cabalaría britana, o desembarco parecía imposible. Para empeorar as cousas, os barcos eran demasiado grandes para moverse con facilidade, e os lexionarios víronse obrigados a desembarcar en augas moi profundas, mentres os britanos saían de todas as partes. A pesar de que ao principio as tropas estaban atemorizadas, segundo os escritos de César, o exército recuperou a moral cando o aquilifer (portador da aguia da lexión) da Legio X saltou a terra e berrou:

Os britanos empezaron a retroceder cando unha choiva de proxectís partiu das catapultae montadas nos barcos de guerra, que expuxeron o seu flanco para facilitar o desembarco das tropas. A pesar de que as forzas de César lograron desembarcar, ese día non foi coroado cunha vitoria completa, xa que os ventos adversos atrasaron a cabalaría romana e impediron que esta perseguira os britanos en fuxida. César lograra desembarcar en condicións desfavorables, pero os britanos amosáranlle que eran capaces de ofrecer unha forte resistencia.Commentarii de Bello Gallico 4.26

Resistencia na praia

Os romanos estableceron un campamento na cabeza de praia (do que non se atoparon restos arqueolóxicos, feito polo cal se descoñece o punto exacto do desembarco). Unha vez instalados no recinto, o exército recibiu unha embaixada do seu aliado Comio, que fora detido por apoiar a César. O xeneral republicano decidiu iniciar negociacións cos dirixentes britanos aos que, alegando que estaban nunha posición de inferioridade, lle esixiu o cesamento de ataques, a cesión de reféns e a disolución do seu exército. Cando os britanos se atopaban a punto de aceptar as condicións de César, os barcos que transportaban a cabalaría e as provisións pola Canle da Mancha, regresaron á Galia a causa das adversas condicións meteorolóxicas. As tempestades azotaron a frota de César, afundindo e danando a maioría dos barcos, e poñendo así en perigo as posibilidades de regreso do xeneral. Ao percibir a complicada posición de César, e coa esperanza de retelo na Britania até que chegara o inverno, os britanos reiniciaron os ataques, e emboscaron unha das lexións, poñendo baixo asedio o campamento. Os britanos foron repelidos sen maior dificultade, e os romanos pecháronse no seu campamento para prepararse para os subseguintes ataques. Ao cabo de varios días, durante os cales os britanos reuniron unha importante forza, atacaron o campamento romano. Neste combate foron completamente derrotados. Durante a retirada, foron masacrados pola cabalaría que Comio lograra reunir entre as tribos da Britania afíns a César.

Regreso

Tras a desfeita, os britanos enviáronlle unha nova embaixada a César, dobrando o número de reféns. Aínda que César desexaba proseguir a loita, non se atreveu a permanecer máis tempo en terra britana e arriscarse a cruzar a canle en inverno. Tras varios días ocupados na reparación dos barcos danados, César regresou á Galia cunha vitoria de sabor agridoce. Os britanos demostraran que eran uns opoñentes moi duros e valentes. A pesar de telos derrotado dúas veces, só dúas tribos se sentiran suficientemente ameazadas como para entregarlle os reféns prometidos.

Conclusión