Manuel Pérez Troncoso, nado en Lugo cara a 1892 e finado en Salceda de Caselas o 10 de novembro de 1967, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Membro da Federación Agraria de Salceda de Caselas, perseguido polo caciquismo, foi xulgado en consello de guerra celebrado en Tui o 21 de xaneiro de 1918 e absolto.El Tea, 15-3-1918, p. 1. Froito desa persecución sufriu varios procesos xudiciais."Otro proceso", El Tea, 26-6-1920, p. 2-3. Correspondende de El Tea en Salceda de Caselas a finais dos anos dez, cando o periódico foi suspendido dirixiu El Agro Celta en 1926, e cando volveu editarse El Tea continuou como director. Administrador de arbitrios do concello de Pontevedra. Militante de Izquierda Republicana, foi elixido vicepresidente do Consello Provincial de Pontevedra en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e destituído do seu posto no Concello. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, a súa causa foi sobresida provisionalmente. Reingresou ao seu posto no Concello de Pontevedra en 1949.El Ideal Gallego, 1-12-1949, p. 6. Finou en Salceda de Caselas o 10 de novembro de 1967.El Pueblo Gallego, 16-11-1967, p. 14. Vida persoal
Casou en Pontevedra con Delia Marcelina Queimadelos Barros, de Arantei, en 1921.El Tea, 3-3-1921, p. 3.
Notas
Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 1967