Florencio Soto López, nado en Redondela en 1900 e finado no mesmo concello en xaneiro de 1975, foi un perito agrícola e político galego.

Traxectoria Perito agrónomo. Na Segunda República foi concelleiro, sendo elixido 1º Tenente-Alcalde. Despois da dimisión de Pedro Otero Sestelo foi elixido alcalde. En xullo de 1932 asistiu á asemblea de redacción do Estatuto Galego convocada polo alcalde de Santiago. Deixou o cargo porque o Goberno suprimiu as corporacións elixidas polo artigo 29. Pertenceu á ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias. En 1948 foi detido e estivo preso por rebelión militar. Finou en Redondela en xaneiro de 1975.El Pueblo Gallego, 23-1-1975, p. 11.

Vida persoal Casou con Nicolasa Otero Paz, filla de Ramón Otero Milleiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes

Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1975