Phylis Lee Isley, nada en Tulsa (Oklahoma) o 2 de marzo de 1919 e finada en Malibú (California) o 17 de decembro de 2009, foi unha actriz de cinema estadounidense.
Traxectoria Estudou arte dramática en Nova York, onde coñecería ao seu primeiro marido, o seu compañeiro Robert Walker. Despois de volver a Tulsa a facer un programa de radio marcharon a Hollywood, onde conseguiu algúns papeis no cinema. Non obstante, tras non conseguir superar unha proba para a Paramount volveu a Nova York a actuar no teatro, e alí foi onde a descubriu David O. Selznick.
O director Henry King quedou tan impresionado coas súas probas que a contratou como protagonista do seu filme The Song of Bernadette. Con este o seu primeiro papel protagonista gañou o oscar á mellor actriz.
En 1949 casou con Selznick, matrimonio que duraría ata a morte del en 1965. Tras quedar viúva, Jones abandonou parcialmente a interpretación.
En 1976 a súa filla Mary Jennifer Selznick suicidouse, o que levou a Jones a interesarse polas enfermidades mentais, creando en 1980 unha fundación para educación e saúde mental.
Filmografía Ano Filme 1939 New Frontier1939 Dick Tracy’s G-Men 1943 The Song of Bernadette 1944 Since You Went Away 1945 Love Letters 1946 Cluny Brown 1946 Duel in the Sun 1948 Portrait of Jennie 1949 We Were Strangers 1949 Madame Bovary 1950 Gone to Earth 1952 Carrie 1952 Ruby Gentry 1953 A burla do demo 1953 Stazione Termini 1955 Love Is a Many-Splendored Thing 1955 Good Morning Miss Dove 1956 The Man in the Gray Flannel Suit 1957 The Barretts of Wimpole Street 1957 Adeus ás armas 1962 Tender Is the Night 1966 The Idol 1969 Angel, Angel, Down We Go 1974 The Towering Inferno
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Oklahoma Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América