Magnus Gustaf Adolf Lindberg, nado o 27 de xuño de 1958 en Helsinqui (Finlandia), é un compositor finlandés. Foi compositor residente de New York Philharmonic entre 2009 e 2011. Lindberg é considerado como un dos compositores máis importantes no campo da música orquestral, tendo realizado encargos para algunhas das orquestras máis importantes do mundo.

Traxectoria Lindberg naceu o 27 de xuño de 1958 en Helsinqui (Finlandia). Comezou a súa formación musical estudando piano aos once anos, e aos 15 ingresou na Sibelius-Akatemia da súa cidade natal, onde estudou composición e música electroacústica nas clases de Risto Väisänen, Einojuhani Rautavaara, Paavo Heininen e Osmo Lindeman. Aos dezaseis anos, Lindberg compuxo a obra Donor. Foi Heiminen quen animou aos seus alumnos a mirar máis aló das estéticas conservadoras e nacionalistas finlandesas imperantes na época para explorar as obras dos compositores europeos de vangarda, o que levou á creación da Korvat auki (Oídos abertos) en 1977, e en 1980 fundou o ensemble Toimii (grupo co que ten aparecido como pianista e percusionista), que se converterían no laboratorio das súas experimentacións compositivas. Posteriormente coñeceu a Brian Ferneyhough e Helmut Lachenmann en Darmstadt (Alemaña) e a Franco Donatoni nos cursos de verán de Siena (Italia). A súa primeira composición oficial e que ten sido consideradaa o seu primeiro opus, foi Quintetto dell'Estate (1979).

Despois de graduarse en 1981 viaxou por Europa, converténdose en alumno de Vinko Globokar e Gérard Grisey en París, e traballando no estudio EMS de Estocolmo a finais dos anos '70, e posteriormente no estudio experimental da Yleisradio, así como a IRCAM en 1985. Durante o seu período parisiense (1981-1993) recibiu numerosas influencias que marcarían o seu estilo compositivo.

O 8 de febreiro de 1981 estreaba a súa primeira composición orquestral, Drama, coa orquestra da Sibelius-Akatemia baixo a dirección de Leif Segerstam, mais a súa primeira obra interpretada por unha orquestra profesional foi Sculpture II, composta en 1981 e estreada o 13 de outubro de 1982 pola Radion sinfoniaorkesteri baixo a dirección do propio compositor e Esa-Pekka Salonen, a segunda parte dunha triloxía que nunca foi escrita. Nesta época, na que as súas obras combinan o experimentalismo, complexidade e primitivismo, é cando chegou o seu maior éxito despois da composición de dúas obras a grande escala, Action-Situation-Signification (1982) e Kraft (1983-85), e que estiveron ligadas a Toimii.

En 1996 foi nomeado profesor de composición do Kungliga Musikhögskolan i Stockholm (Real Conservatorio de Música de Estocolmo), e en 2001 foi nomeado membro da Akademie der Künste de Berlín..

Lindberg converteuse no compositor residente da New York Philharmonic (NYPO) na temporada 2009-10, coa invitación do recentemente chegado Director Musical Alan Gilbert. En setembro de 2009, na noite de gala da NYPO, onde Gilbert se estreou como Director Musical, a orquestra interpretou unha obra do compositor: EXPO.Anthony Tommasini (2009-09-17), "Gilbert Debuts as Philharmonic’s Director." The New York Times. Consultado o 12 de febreiro de 2014. Logo de abandonar o posto de compositor residente na orquestra novaiorquina en 2011, foi nomeado nese mesmo cargo pola London Philharmonic Orchestra a partir da tempada 2014-15, compaxinando estes cargos co seu labor docente en diversas clases maxistrais.

O seu interese na música de vangarda manifestouse tamén na súa faceta como pianista, interpretando obras de compositores como Luciano Berio, Pierre Boulez, Karlheinz Stockhausen ou Bernd Alois Zimmermann.

Composicións e estilo

O seu primeiro grande éxito chegou con "Action-Situation-Signification" en 1982, o primeiro traballo co que explorou a musique concrète. Esa peza foi escrita para ser estreada polo novo conxunto de música, Toimii (que significa Traballo, en finés), que Lindberg fundou durante o verán de 1980. No mesmo período, Lindberg fundou un grupo informal, coñecido como Ears Open Society e no que estaban (xunto co propio Lindberg) Eero Hämeeniemi, Jouni Kaipainen, Kaija Saariaho e Esa-Pekka Salonen, un grupo que pretende fomentar o coñecemento do modernismo dominante.

Durante o seu período parisiense (1981-1993) a súa música foi influenciada por distintas correntes como o free-jazz, post-punk, o minimalismo americano, ou a música tradicional (especialmente do Sueste asiático, gamelán), elementos que Lindberg asimilou e integrou dun xeito persoal ao seu estilo, no que tamén se poden apreciar trazos da música sinfónica de Sibelius. As primeiras composicións de Lindberg mostran a herdanza do serialismo americano de Milton Babbitt cun alto grao de formalismo, así como o principio de clasificación harmónica da Ste theory de Allen Forte. Zona, composta en 1983 para violonchelo e sete instrumentos, é o resultado dunha sistematización rítmica precompositiva que repetiría posteriormente na súa obra para orquestra e ensemble Kraft (1983-1985), nesta etapa tamén se viu influenciado polo espectralismo francés. A finais da década dos '80 a súa música transformouse cara a un novo clasicismo modernista, nas que moitos elementos comunicativos da vibrante linguaxe musical (harmonía, ritmo, contrapunto, melodía) foron reinterpretados para a era post-serial, destacando nesta etapa obras como Kinetics (1988), Marea (1989-90) e Joy (1989-90), acadando a súa culminación en Aura (1993-94) e Arena (1994-95).

A partir de principios dos anos 90 aspirou a unha maior pureza do son e unha lixeireza na ornamentación que contrasta con composicións anteriores como Kraft, e posteriormente tomou á grande orquestra como a súa formación predilecta; nesta época salienta Aura, síntese das súas porpostas compositivas anteriores, mais con tendencia a emancipar a individualidade virtuosística da masa orquestral preservando os amplos efectos da textura. Xunto con Aura e Feria, Lindberg explota de novo o material caleidoscópico da orquestra, que logo prolongará con Fresco (1997-98), Cantigas (1997-99) e Parada (2001), que conforman a que el mesmo denominou o seu «tríptico sinfónico».

Lindberg foi moi influenciado por Pierre Boulez, Tristan Murail e Igor Stravinskii, mostrando esa influencia en Corrente (1992) e o Duo Concertante (1990).

Entre as súas obras destacan Seht die Sonne (2007), un encargo de Berliner Philharmoniker baixo a dirección de Simon Rattle e San Francisco Symphony, a súa primeira composición orquestral-coral GRAFFITI, estreada na súa cidade natal en maio de 2009 e Era (2012) para o 125 aniversario do Concertgebouw.

Premios e distincións Lindberg ten recibido numerosos premios de composición, tanto a nivel nacional como internacional, entre os que salientan:

Internacional Rostum de Compositores da UNESCO (en 1982 por ...de Tartuffe, je crois, e en 1986 por Kraft). Prix Italia (por Faust en 1986). Premio de Música Nórdica (1988). Premio Koussevitsky (1988). Royal Philharmonic Society Prize (1992). Primeiro premio compartido da "young.euro.classic - Musik Sommer Berlin 2000" (2000). Membro da Akademie der Künste de Berlín (2001). Wihuri Sibelius Prize (2003). Pro Finlandia (2012)

Discografía As composicións de Lindberg teñen sido rexistradas por selos como Deutsche Grammophon, Sony, Ondine, Da Capo e Finlandia. Destacan:

AnoObrasDirector/solista(s)Orquestra/ensembleSeloCódigo1994UR, Corrente, Duo concertante, JoyPeter Eötvös (director)Ensemble intercontemporainIrcam - Universal Music, coll. Compositeurs d’aujourd’hui (1 CD)1997Arena 2, Coyote Blues, Tendenza, CorrenteSakari Oramo (directorAvanti! Chamber OrchestraOndine (1 CD)ODE 882-22000Aura, EngineOlivier Knussen (directorLondon SinfoniettaDeutsche Grammophon (1 CD)2004Concerto pour piano, KraftMagnus Lindberg (piano)Toimii EnsembleOndine (1 CD)ODE 1017-22005Concerto pour clarinette, Grand Duo, ChoralSakari Oramo (director) e Kari Kriikku (clarinete)Radion sinfoniaorkesteriOndine (1 CD)2006Gran Duo, "The President's Own"Colonel Timothy W. FoleyUnited States Marine BandUSMB (1 CD)CD-222007Mano a manoTimo Korhonen (guitarra)Ondine (1 CD)ODE 1091-22007 (*)Steamboat Bill Jr. |Kari Kriikku (clarinete) e Anssi Karttunen (violonchelo) | |Ondine (1 CD) |ODE 1102-2 |- |2007 |Concerto para violín|Sakari Oramo (director) e Lisa Batiashvili (violín) |Radion sinfoniaorkesteri |Sony (1 CD) |BMG 88697 129362 |- |2008 |Sculpture, Campana in aria, Concerto for orchestra|Sakari Oramo (director) e Esa Tapani (trompa) |Radion sinfoniaorkesteri |Ondine (1 CD) |ODE 1124-2 |- |2010 |Graffiti, Seht die SonneSakari Oramo (director)Radion sinfoniaorkesteri e Córo de Cámara de HelsinquiOndine (1 CD)ODE1157-22011Tendenza, Kraft, Kinetics, Marea, Joy, Corrente, Corrente II, Coyote Blues, Arena, Arena 2, Feria, Gran Duo, Chorale, Concerto for Orchestra, SculptureSakari Oramo, Esa-Pekka Salonen e Jukka-Pekka Saraste (directores)Avanti! Chamber Orchestra, Toimii Ensemble, Radion sinfoniaorkesteriOndine (4 CDs)ODE 1110-2Q2012 Trio for Clarinet, Sancta Fe Project, Partia, Dos CoyotesKari Kriikku (clarinete), Anssi Karttunen (violonchelo), Magnus Lindberg (piano) Ondine (1 CD)ODE 1199-2

(*) Con obras de Erik Bergman, Kimmo Hakola, Paavo Heininen, Erkki Jokinen, Olli Kortekangas, Tapani Länsiö, Usko Meriläinen, Kaija Saariaho e Jukka Tiensuu

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil de Magnus Lindberg no sitio weg de Boosey & Hawkes, Inc. Perfil de Magnus Lindberg en www.ondine.net

Magnus Lindberg: Corrente Seht die Sonne (2007) pola Radion sinfoniaorkesteri baixo a batuta de Sakari Oramo (en YouTube) GRAFFITI (2009) pola Radion sinfoniaorkesteri baixo a batuta de Sakari Oramo (en YouTube) Feria (1997) pola Radion sinfoniaorkesteri baixo a batuta de Jukka-Pekka Saraste (en YouTube)

Categoría:Compositores de Finlandia Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Nados en 1958