Theodor Friedrich Emil Janenz, nado en Rorschach, Suíza o 23 de xullo de 1884 e finado en Strobl, Austria o 2 de xaneiro de 1950, foi un actor alemán.

Traxectoria Naceu en Suíza, pero cando era novo marchou coa súa familia a Alemaña, onde comezaría a súa carreira teatral. Formou parte da compañía teatral de Max Reinhardt.

No cinema interveu en filmes como Der Letzte Mann antes de marchar a Hollywood. Jannings foi a primeira persoa en recibir un oscar, ao gañar o oscar ao mellor actor polos seus papeis en The Last Command e The Way of All Flesh.

Coa chegada do cinema sonoro a súa carreira en Hollywood comezou a declinar por mor do seu forte acento alemán, polo que volveu a Europa, onde protagonizou Der Blaue Engel, con Marlene Dietrich.

Durante o nazismo participou en filmes de propaganda. Trala guerra retirouse a Austria, adquirindo a nacionalidade austríaca en 1947.

Filmografía Ano Filme 1914 Arme Eva1914 Im Schützengraben 1914 Passionels Tagebuch 1916 Frau Eva 1916 Nächte des Grauens 1918 Die Augen der Mumie Ma 1919 Madame DuBarry 1920 Algol - Tragödie der Macht 1921 Die Ratten 1921 Danton 1922 Peter der Große 1922 Das Weib des Pharao 1924 Der Letzte Mann 1924 Das Wachsfigurenkabinett 1925 Varieté 1926 Herr Tartüff 1926 Faust - Eine deutsche Volkssage 1927 The Way of All Flesh 1928 The Patriot 1928 Street of Sin 1928 The Last Command 1930 Der blaue Engel 1932 Stürme der Leidenschaft 1941 Ohm Krüger 1942 Die Entlassung

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados no cantón de Sankt Gallen Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Óscar ó mellor actor