O distrito de Otuke é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos ugandeses, o seu nome provén da poboación capital, Otuke.

O distrito limita co distrito de Agago polo norte, co distrito de Abim polo nordeste, co distrito de Napak polo leste, co distrito de Amuria polo sueste, co distrito de Alebtong polo sur, co distrito de Lira polo suroeste e co distrito de Pader polo noroeste. Otuke, a cabeceira, atópase aproximadamente a 66 km ao leste de Lira, a principal cidade da subrexión.Approximate Distance Between Lira And Otuke With Map

O distrito separouse do distrito de Lira o 1 de xullo de 2009. Forma parte da subrexión Lango, que consiste nos distritos abaixo listados, lar dun millón e medio de persoas.

Distrito de Alebtong Distrito de Amolatar Distrito de Apac Distrito de Dokolo Distrito de Kole Distrito de Lira Distrito de Otuke Distrito de Oyam

O censo do ano 2002 dáballe unha poboación estimada de 62.000 habitantes. No 2009, a poboación do distrito tiña estimados 77.800 habitantes.Estimated Population of Otuke District In June 2009

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Otuke