Santa María de Cambre é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 6.956 habitantes (3.414 homes e 3.532 mulleres). A parroquia ten 24 lugares.
Xeografía Na parroquia está a capital do concello. Limita ao norte co Temple, co Burgo e con San Pedro de Nós (Oleiros), ao leste con Pravio, Cela e Brexo, ao sur con Meixigo e ao oeste con Almeiras, Sigrás e Anceis.
Historia Por Cambre cruzou a vía romana de Farum (A Coruña) a Brigantium (Betanzos).
A principios do século XX Cambre era unha estación estival polas numerosas casas e quintas de campo que había nela e polo grande continxente que habitaba na parroquia no verán.
Cultura Toponimia Cambre podería ser un topónimo prerromano que se orixinou antes do século III para referise a poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou un límite entre territorios.
Lugares e parroquias Lugares de Cambre
Parroquias de Cambre
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambre
Categoría:Parroquias de Cambre Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía