Santiago de Sigrás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2024) ten 1476 habitantes (710 homes e 766 mulleres). A parroquia ten 18 lugares.

Historia En Sigrás había unha tradición téxtil arraigada, existiron fábricas de fiados e practicamente en todas as casas había un tear. No século XIX houbo tamén fábricas de pintados de algodón e liño.

Sigrás é o lugar de nacemento de María Pita. Cultura Topónimo Sigrás podería ser un antropónimo latino que aparecería entre o século VII e X. Outra hipótese apunta a que podería provir do latín secale (centeo).

Sigrás na cultura popular A igrexa parroquial de Sigrás aparece na serie Matalobos como a igrexa parroquial de Sardiñeira.

Aprendín de carpinteiro/ na aldea de Sigrás;/ a facer cangas ós cochos/ e caravillas ós cas.Pérez Ballesteros, I-144. As cangas e as caravillas son cepos de madeira que se poñen no pescozo dos animais para que non entren nun cerrado. No orixinal: N-a aldea, ôs cochos, ôs cas. Na miña vida tal vin/ na aldea de Sigrás/ unha cadela con pitos/ unha galiña con cas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Sigrás

Parroquias de Cambre

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambre

Categoría:Parroquias de Cambre Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía