A catalpa comúnNome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 (Catalpa bignonioides) é unha árbore frondosa de folla caediza orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América en Alabama, A Florida, Xeorxia, A Luisiana, e Mississippi. Por este motivo tamén se lle coñece coma catalpa do sur.

É unha común árbore ornamental nas rúas e xardíns urbanos de Galiza. miniatura|dereita|240px|Froitos aínda inmaturos. dereita|miniatura|240px|Catalpa común dereita|miniatura|240px|Follas

Descrición É unha árbore de follas caedizas 15 a 18 m de altura, cun toro de até 1 m de diámetro, coa casca pardo cinsenta. As follas son grandes, acorazonadas, de 2 a 3 dm de lonxitude e 1,5 a 2 dm de largo. As flores son de 2 a 4 cm, a xeito de trompeta, abrancazadas con tacas amarelas e violetas, en panículas de entre 20 a 40.

O froito é unha vaíña grande e longa (lembra aos legumes) de 2 a 4 dm de longo e 8 a 10 mm de diámetro, que fican nas pólas polo inverno. As vaíñas teñen numerosas sementes pardas achatadas con dúas ás delgadas.

Está emparentada coa Catalpa speciosa (Catalpa do norte), que se distingue polas panículas florais, con flores máis miúdas e máis numerosas.

Cultivo e usos Úsase moito coma ornamental, tanto en pés illados coma formando fileiras nas rúas e avenidas. Atura a seca mais gusta dos solos húmidos e do sol. Tense naturalizado en todo o mundo. É unha especie que atura ben a polución. Por todos estes motivos é unha especie axeitada coma ornamental en Galiza.

miniatura|Catalpa bignonioides. A madeira é moi boa e dura, polo que o seu traballo non é doada; úsase moito para postes e travesas do camiño de ferro.

Propiedades Utilízase en decocción en casos de asma e dispnea. A planta é tóxica polo que non é aconsellábel o seu uso por afeccionados.

Principios activos: catalpina, ácido p-oxibenzoico e protocaquético.

Indicacións: febrífugo, lixeiramente narcótico, sedante, asmático. Tense usado coma sucedáneo da quinina para as febres dos pantanos e como colirio para o tracoma e na conxuntivite. As raíces son velenosas. Úsanse a casca e os froitos.

Taxonomía O xénero foi descrito por Thomas Walter e publicado en Flora Caroliniana, secundum . . . 64. 1788. Etimoloxía O nome deriva dos catawba americanos nativos dos Estados Unidos de América que a chamaban de catawba (o uso de Catalpa é un erro de transcrición do botánico Scopoli, que fixo a primeira descrición formal do xénero).

bignonioides: epíteto latino composto que significa "semellante a Bignonia. Sinonimia Bignonia catalpa L. - basiónimo Bignonia spectabilis Salisb. Catalpa arborea Baill. Catalpa bignonioides f. aurea Bureau Catalpa bignonioides f. koehnei (Hesse) Dode Catalpa bignonioides f. nana Bureau Catalpa bignonioides f. pulverulenta Bean Catalpa bignonioides f. rehderi Paclt Catalpa bignonioides f. variegata Bureau Catalpa catalpa (L.) H.Karst. nom. inval. Catalpa communis Dum.Cours. Catalpa cordifolia Moench Catalpa syringifolia Sims Catalpa syringifolia var. koehnei Hesse Catalpa ternifolia Cav. Catalpa umbraculifera Ugolini Catalpium amena Raf.Sinónimos en The Plant List

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catalpa (xénero) Bibliografía USDA Plants Profile: Catalpa bignonioides Germplasm Resources Information Network: Catalpa bignonioides

Ligazóns externas

Categoría:Catalpa Categoría:Árbores Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Madeiras