Paulino Peña Álvarez, nado en Moialde (Vilardevós) en 1960, é un mestre e escritor galego.
Traxectoria Mestre, Licenciado en Filoloxía Galega e Filosofía e Ciencias da Educación (Sección Ciencias da Educación). Foi coordinador dos Equipos de Normalización Lingüística de Ourense.
Obra publicada Poesía Gramática da afirmación, 2009, Espiral Maior. Na pel das árbores do vento, 2019, Alvarellos Editora. Vaira e Cristal, 2024, Ed.Tris-Tram.
Premios Gañador do IV Certame de poesía Anduriña Voandeira de Euskadi no 2004, pola obra Porque sei de ti. Segundo premio no V Certame de poesía Anduriña Voandeira no 2005, por Fíreme amor de luz. Gañador do Certame de poesía Francisco Añón no 2006, por Rodopíos no encoro. Gañador do Premio de poesía Concello de Carral no 2008, por Gramática da afirmación. Segundo premio II Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2013, por Nas dársenas do estío.
Mención de Honra XX Certame Literario Manuel Oreste no 2015, por Unicornio no faiado. Canción para cabalgar un neno lúas nos campos do sangue.
Terceiro premio III Certame Manuel María de poesía da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2015, por Nas vívidas marxes. Segundo premio I Certame de poesía Torre de Caldaloba no 2018, por Na pel das árbores do vento. Segundo premio VI Certame de poesía Torre de Caldaloba no 2023, por Vaira e Cristal. Premio Arume de Poesía para a infancia 2025 da Fundación Xosé Neira Vilas, por Poemas con alas!!!
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1960