O Gran Premio do Brasil de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de xaneiro de 1976 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a primeira carreira da tempada de . A carreira foi o quinto Gran Premio do Brasil e o cuarto, que se válido para o Campionato do Mundo de Pilotos. A carreira levouse a cabo sobre 40 voltas ao circuíto de 7´87 quilómetros de lonxitude para unha distancia total da carreira de 315 quilómetros.

A carreira foi gañada polo campión do mundo, Niki Lauda, pilotando un Ferrari 312T. O piloto austríaco gañou o seu oitavo Gran Premio de Fórmula Un por 28 segundos sobre o francés Patrick Depailler nun Tyrrell 007. O segundo lugar foi o mellor resultado de Depailler en case dous anos cando rematou segundo no Gran Premio de Suecia de 1974. Tom Pryce terminou terceiro nun Shadow DN5B no seu segundo podio en seis meses. Foi o punto culminante da tempada de Pryce e Shadow Racing Cars. Foi o seu único podio na tempada e Pryce non pisou o podio outra vez.

Informe Na primeira rolda da tempada, James Hunt logrou a pole position no seu McLaren M23 co actual campión Niki Lauda, ó seu lado co seu Ferrari (que marcou a pauta para a tempada). Clay Regazzoni no segundo Ferrari tomou a dianteira no inicio. Regazzoni, Lauda, Hunt e o Shadow de Jean-Pierre Jarier loitaban entre eles. Regazzoni e Jarier chocaron, e o primeiro tivo que entrar en boxes para facer reparacións. Lauda lideraba agora sobre Hunt e Jarier, pero Hunt estrelouse debido o bloqueo do acelerador e Jarier fixo o mesmo unha volta máis tarde logo de derrapar nun pouco de aceite na pista. Lauda comezou así a súa defensa do título cunha vitoria, con Patrick Depailler segundo no Tyrrell, e Tom Pryce completando o podio no outro Shadow. Finalizaron 14 coches incluíndo a Carlos Reutemann cuxo Brabham BT45 quedou sen combustible a tres voltas para o final.

miniatura|right|Emerson Fittipaldi nun Fittipaldi FD04.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Niki Lauda Ferrari 40 1:45:16.78 2 9 2 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 40 + 21.47 9 6 3 16 Tom Pryce Shadow-Ford 40 + 23.84 12 4 4 34 Hans-Joachim Stuck March-Ford 40 + 1:28.17 14 3 5 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 40 + 1:56.46 13 2 6 12 Jochen Mass McLaren-Ford 40 + 1:58.27 6 1 7 2 Clay Regazzoni Ferrari 40 + 2:15.24 4 8 20 Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford 39 + 1 volta 19 9 21 Renzo Zorzi Williams-Ford 39 + 1 volta 17 10 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 39 + 1 volta 10 11 31 Ingo Hoffmann Fittipaldi-Ford 39 + 1 volta 20 12 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 37 Sen gasolina 15 13 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 37 + 3 voltas 5 14 10 Lella Lombardi March-Ford 36 + 4 voltas 22 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 33 Accidente 3 Ret 11 James Hunt McLaren-Ford 32 Accidente 1 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 15 Fuga aceite 7 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 14 Transmisión 11 Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 10 Accidente 18 Ret 6 Mario Andretti Lotus-Ford 6 Accidente 16 Ret 28 John Watson Penske-Ford 2 Sistema combustible 8 Ret 14 Ian Ashley BRM 2 Bomba aceite 21

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 9 2 Patrick Depailler 6 3 Tom Pryce 4 4 Hans-Joachim Stuck 3 5 Jody Scheckter 2

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 9 2 Tyrrell-Ford 6 3 Shadow-Ford 4 4 March-Ford 3 5 McLaren-Ford 1

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1976 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1