Os hibiscosNome vulgar das plantas deste xénero no Dicionario da Real Academia Galega e en Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 son plantas pertencentes ao xénero Hibiscus , un amplo xénero cunhas 150 especies aceptadas, das máis de 1.000 descritasHibiscus en The Plant List, da familia Malvaceae, típicas de ambientes cálidos, en rexións tropicais e subtropicais.
En Galiza úsanse coma ornamentais.
Descrición O xénero inclúe dende plantas herbáceas, anuais ou perennes, até pequenos arbustos e arboriñas. As follas son alternas, simples, de ovadas a lanceoladas, a miúdo coa marxe serrada ou lobulada. As flores son longas, conspicuas, con forma de trompeta, con cinco pétalos, de tons brancos a rosas, vermellos, morados ou amarelos, de 4 a 15 cm de tamaño. O froito é unha cápsula que contén varias sementes en cada lóculo. thumb|Hibisco a amosar parte do xineceo e mais do androceo.
Distribución É un xénero de zonas temperadas, subtropicais e tropicais de todo o mundo, cunha orixe centrada principalmente no sueste de Asia. Introducido e cultivado dende tempos inmemoriais para usos ornamentais, alimentarios e medicinais.
Usos Moitas especies cultívanse polas súas flores rechamangueiras ou se utilizan coma arbustos en paisaxismo (a especie Hibiscus syriacus, a rosa de Siria, é moi común). Tamén son un ingrediente principal en tés de herbas ou infunsións.
Unha das especies, coñecida coma kenaf (Hibiscus cannabinus) úsase amplamente na elaboración de papel. A rosa de Xamaica (Hibiscus sabdariffa), úsase coma verdura e para elaborar infusións de herbas e marmeladas (en especial no Caribe). En Latinoamérica, é bastante popular a bebida coñecida coma auga de Xamaica, elaborada a partir dos cálices desta especie. En Exipto e no Sudán utilízanse os pétalos para facer unha infusión chamada carcad
A especie Hibiscus rosa-sinensis ten usos médicos na fitoterapia chinesa.Plants for a Future: Hibiscus rosa-sinensis. (accessed 07/05/2009) A casca, moi fibrosa, emprégase na Polinesia. A Cidade do Hibisco é o alcuma da vila de Chengdu, na China.
Pragas As especies de hibisco son sustento de larvas dalgúns lepidópteros, coma Chionodes hibiscella ou Hypercompe hambletoni. Ademais atácana os pulgóns.
Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 693, polo ano 1753. A especie tipo é Hibiscus syriacus L.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fryxell, P. A. 1992. Malvaceae. Fl. Veracruz 68: 1–255. Molina R., A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Standley, P. C. & J. A. Steyermark 1949. Malvaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - P art VI. Fieldiana, Bot. 24(6): 324–386. Stevens, W. D., C. Ulloa U., A. Pool & O. M. Montiel 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii, 1–2666. Ligazóns externas
Tropical hibiscus Aplicacións e formas de cultivo do hibisco (en castelán)
Categoría:Flores