As xuglandáceas (Juglandaceae) son unha familia da orde Fagales. Comporta uns 8 xéneros de árbores caducifolias, monoicas, resinosas e recendentes, en total, unhas 50 especies, a meirande parte orixinarias de rexións temperadas do hemisferio norte. A nogueira é unha das árbores galegas incluídas nesta familia.
Descrición Posúen follas imparipinnadas, alternas, caedizas ou sempreverdes, sen estípulas. Flores unisexuais, de periantio moi reducido ou nulo; as masculinas con periantio nulo ou até 5 piezas, con brácteas tectrices e bractéolas soldadas, con eixos moi contraídos, con 2-40 estames, reunidas en amentos, con bráctea tectriz; as femininas de ovario ínfero unilocular, con estilo curto e estigmas grandes e plumosos, dispostas en acios paucifloros terminais. Froitos en noz ou drupa involucrada, cunha induvia carnosa (de orixe carpelar), sementes sen endosperma, con cotiledóns grosos e lobulados, con tabiques separadores cerebriformes, con gran teor de óleos.
Subfamilias, tribos e xéneros Engelhardioideae Iljinskaya (Alfaroa, Oreomunnea, Engelhardtia, Platycaria). Juglandoideae Eaton, con dúas tribos: Juglandeae Rchb. (Cyclocarya, Pterocarya , Juglans) e Hicorieae W.E.Manning (Carya).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas