Santa María de Ardaña é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 641 habitantes (316 homes e 325 mulleres), 93 menos ca en 2004 (370 homes e 364 mulleres nese ano) e 144 menos ca en 1999. Ten catorce entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Ardaña podería ser un hidrónimo procedente da forma prerromana *.

Xeografía Ardaña ocupa un fértil val moi próximo ao núcleo urbano de Carballo. Encóntrase no primeiro tramo da recta de Rus.

Patrimonio Na parroquia atópase unha das casas nobres máis antigas do concello: o pazo de Gontade. Ademais, no monte da Peniqueira hai unha mámoa duns vinte metros de diámetro e duns dous de altura. Servizos Hai unha escola infantil en Gontade e un centro social aínda en construción.

Lugares e parroquias Lugares de Ardaña

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Ardaña na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María