Santa María de Bértoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 1559 habitantes (779 mulleres e 780 homes), 85 máis ca en 1999. Ten quince entidades de poboación e unha extensión de 12,05 km².
Patrimonio A igrexa de Santa María de Bértoa foi construída no século XX e caracterízase por ser de liñas sinxelas. Moi cerca dela érguese un cruceiro cunha cruz de sección circular e textura leñosa, con base octogonal de catro chanzos. Tamén se atopa o cemiterio, no cal reposan os restos do pintor Francisco Miguel nunha sepultura sen inscrición.
O Polígono industrial de Bértoa ocupa un espazo de 74 hectáreas. Sobresaen neste polígono empresas en sectores como o plástico, o automobilismo, o metal e a maquinaria agrícola. A superficie dispoñible incrementarase en 1.272.489 metros cadrados, ata chegar aos 2.000.000 de metros cadrados pola demanda de terreo. Na rotonda de acceso ao polígono encóntrase O Escalo, unha escultura do artista Xosé Manuel Facal, elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.
Sábese da existencia das seguintes mámoas:
Mámoa do Couto. Mámoa de Queixeiro. Medoña do Francés. No monte das Restrebeiras, ten vinte e cinco metros de diámetro e metro e medio de altura. Está alterada por unha plantación de piñeiros. Ten cono de violación. Mámoa de Pedrarrubia. No monte das Restrebeiras.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bértoa
Parroquias de Carballo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballo
Ligazóns externas Bértoa na web do concello de Carballo
Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María