San Martiño de Razo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños, o cal ocupa un pequeno val á beira do mar. Segundo o IGE en 2019 tiña 801 habitantes (395 mulleres e 406 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 887 habitantes.
Patrimonio A praia de Razo, a 9 km da vila de Carballo, ñe un areal de 1300 metros de lonxitude e de area fina, moi coñecido e visitado por turistas. Esta praia destaca polas actividades relacionadas co surf, debido a que ao ser unha praia de mar aberto, ten boas ondas para a súa práctica. Ademais, está practicamente unida coa praia lindeira, a praia de Baldaio, conformando ambas as dúas un espazo natural de enorme interese.
No lugar de Santa Mariña hai unha capela e un pequeno porto pesqueiro. No lugar de Nétoma está a igrexa parroquial de San Martiño.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Razo
Parroquias de Carballo
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Carballo
Ligazóns externas Razo na web do concello de Carballo
Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño