Thomas Clayton Wolfe, nado en Asheville (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1900 e finado en Baltimore (Maryland) o 15 de setembro de 1938, foi un importante novelista estadounidense do inicio do século XX.

Thomas escribiu catro longas novelas, alén de varios contos, traballos dramatúrxicos e outras novelas. É coñecido por mesturar prosa extremadamente orixinal, poética, musical e impresionista coa escrita autobiográfica. Os seus libros reflicten vividamente a cultura americana e demais temas do período, aínda que filtrados pola perspectiva sensíbel, sofisticada e super-analítica de Thomas. Foi moi famoso en vida.

Despois da morte de Wolfe, o seu principal contemporáneo, William Faulkner, dixo que Thomas podería ter sido o mellor talento da súa xeración. A influencia de Wolfe esténdese aos escritos do famoso autor beat Jack Kerouac, Ray Bradbury e Philip Roth, entre outros. Continua sendo un dos máis importantes autores na literatura americana, considerado o escritor máis famoso de Carolina do Norte.

Obras Look Homeward, Angel (1929) Of Time and the River (1935) From Death to Morning (1935) The Story of a Novel (1936) The Lost Boy (1937). Traducida ao galego como O neno perdido (2022) The Web and the Rock (1939) You Can't Go Home Again (1940) The Hound of Darkness The Hills Beyond (1941) Mannerhouse: A Play in a Prologue and Four Acts (1948) A Western Journal: A Daily Log of the Great Parks Trip, June 20-July 2, 1938 (1951 pola editora da Universidade de Pittsburgh) The Letters of Thomas Wolfe (1956) Short Novels of Thomas Wolfe (1961) The Mountains: A Play in One Act; The Mountains: A Drama in Three Acts and a Prologue (1970) Welcome to our City: A Play in Ten Scenes (1983) Beyond Love and Loyalty: The Letters of Thomas Wolfe and Elizabeth Nowell editado por Richard Kennedy (1983) My Other Loneliness: Letters of Thomas Wolfe and Aline Bernstein (1983) The Party at Jack's (1995) The Collected Stories (Francis E. Skipp, ed.) (1987) To Loot My Life Clean: The Thomas Wolfe-Maxwell Perkins Correspondence (2000) O Lost: A Story of the Buried Life (2000)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obras de Thomas Wolfe no Proxecto Gutenberg Australia

Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados no condado de Buncombe, Carolina do Norte Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América