Santa María de Rus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 1.008 habitantes (499 mulleres e 509 homes), distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.377 habitantes. Con 28 quilómetros cadrados, é a parroquia máis extensa do concello de Carballo.

Patrimonio A igrexa de Santa María de Rus localízase na zona de Ramil e é de estilo barroco xeométrico. No seu interior consérvase unha cruz procesional de prata realizada no século XVI.

É a máis ampla do concello e a pegada máis importante do barroco na zona. Construíuse sobre un terreo a media ladeira entre 1606 e 1823 e nela participaron importantes mestres de obra e arquitectos da época. Supuxo un grande investimento de tempo e diñeiro, o que foi posíbel grazas á iniciativa dos monxes de San Martiño Pinario, en Compostela, de quen dependían estas terras.

Non lonxe da igrexa de Santa María está a capela de Santa Eufemia, xunto a unha área recreativa con randeeiras, merendeiros etc. Dise que a capela foi construída por iniciativa dun cura, que quixo así agradecer o seu escape dos carlistas.

A 300 metros da capela encóntrase a férveda de Rus, que salta tamén sobre a falla no terreo provocada pola Depresión Meridiana, importante fenómeno xeográfico que atravesa a fachada atlántica de Galiza de norte a sur e que divide a parroquia de Rus na Alta e a Baixa.

Lugares e parroquias Lugares de Rus

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Rus na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María