O principio lectio difficilior potior (que en latín significa literalmente a lectura máis difícil é a máis forte) é un principio de crítica textual.

Cando manuscritos diferentes dun mesmo texto están en conflito sobre unha determinada palabra, o termo máis insólito é tamén, probabelmente, o máis fiel ao orixinal. O presuposto é que para os textos que chegaron a través da tradición manuscrita, os copistas substituíron moi a miúdo as palabras difíciles e os ditos infrecuentes cos máis correntes e comúns. O fenómeno contrario, segundo este principio, considérase menos probábel.

É un principio interno á filoloxía, independente dos criterios de valoración no que unha lectio particular foi atopada.Emanuel Tov, "Criteria for Evaluating Textual Readings: The Limitations of Textual Rules" The Harvard Theological Review 75.4 (outubro 1982, pp. 429-448) especialmente pp 439ff.

Tal principio forma parte dun corpo de criterios establecidos no século XVIII, no contexto da batalla cultural iluminista, orientada a fornecer unha base neutra para o descuberta do Urtext, superando o peso da autoridade e das tradicións. O principio foi elaborado por primeira vez por Johann Albrecht Bengel, no seu Prodromus Novi Testamenti Graeci Rectè Cautèque Adornandi (1725) e empregado concretamente no seu Novum Testamentum Graecum (1734).Frederick Henry Ambrose Scrivener, A Plain Introduction to the Criticism of the New Testament (edición de Edward Miller, ed. George Bell e fillos New York, 1894, vol. II, p. 247), citado por W.L. Lorimer, "Lectio Difficilior", en The Classical Review 48.5 (novembro 1934 - 171). Foi despois divulgado por Johann Jakob Wettstein, a quen se lle atribúe a miúdo.Por exemplo por H. J. Rose en The Classical Review 48 (126 note 2, corrixido por Lorimer 1934. Notas

Véxase tamén Outros artigos Difracción (filoloxía). Lectura (filoloxía). Método de Lachmann.

Categoría:Filoloxía