Another Side of Bob Dylan é o cuarto álbum de estudio do músico estadounidense Bob Dylan, publicado o 8 de agosto de 1964 a través do selo Columbia Records.

O álbum desvíase do estilo máis concienciado socialmente que Dylan desenvolvera no seu anterior traballo, The Times They Are A-Changin'. O cambio provocou críticas dalgunhas importantes figuras da comunidade folkThe change prompted criticism from some influential figures in the folk community – o editor de Sing Out!, Irwin Silber, queixouse de que Dylan "perdera dalgún xeito o contacto coa xente" e quedou atrapado pola "parafernalia da fama".

A pesar do cambio de temática do álbum, Dylan interpretou a totalidade de Another Side of Bob Dylan en solitario, ao igual que nos anteriores traballos. Ademais da guitarra acústica e a harmónica habituais, Dylan introduce o piano no tema "Black Crow Blues". Another Side of Bob Dylan acadou o número 43 nos Estados Unidos e chegou ao 6 nas listas británicas en 1965.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Bob Dylan.

Cara 1 "All I Really Want to Do" – 4:04 "Black Crow Blues" – 3:14 "Spanish Harlem Incident" – 2:24 "Chimes of Freedom" – 7:10 "I Shall Be Free No. 10" – 4:47 "To Ramona" – 3:52

Cara 2 "Motorpsycho Nitemare" – 4:33 "My Back Pages" – 4:22 "I Don't Believe You (She Acts Like We Never Have Met)" – 4:22 "Ballad in Plain D" – 8:16 "It Ain't Me Babe" – 3:33

Categoría:Álbums de Bob Dylan Categoría:Álbums musicais de 1964 Categoría:Álbums producidos por Tom Wilson Categoría:Álbums de Columbia Records