O bacterioplancto son as comunidades bacterianas do planctoColin Munn. Marine Microbiology. Ecology & Applications. Segunda Ed. 2011. Garland Pub. ISBN 0815365179 e que se moven na columnas de augas doces ou salgadas.
O bacterioplancto ocupa un amplo rango de nichos ecolóxicos nos sistemas acuáticos. Moitos son saprófitos e obteñen a enerxía consumindo materia orgánica disolta, que fora producida por outros animais. Poden consumir o material orgánico disolto por estar este disolto e polo tanto accesible ou por se asociar poder asociar a ese material particulado, como é no caso da neve mariña. Moitas outras especies de baterioplancto son autotróficas, ben fotosintétizadoras ou quimiosintetizadoras. Este último grupo adóitase clasificar como picofitoplancto, por seren de entre 0.2 e 2 μm de tamaño celular. O picofitoplancto inclúe grupos como os Prochlorococcus e Synechococcus.
O baterioplancto xoga papeis importantes nas rutas ecolóxicas de fixación de nitróxeno, a nitrificación e a desnitrificación, a remineralización e metanoxénese.
Como moito plancto de pequeno tamaño, o bacterioplancto é depredado polo zooplancto, de xeito corrente protozoos, e o tamaño de poboación das comunidades pola infección de bacteriofagos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cianobacterias Pelagibacter ubique Polynucleobacter Limnohabitans Fitoplancto
Categoría:Bacterias