Crioulo é un europeísmo empregado dende a época da colonización europea de América, aplicándoo ós nados no continente americano, pero cunha orixe europea. A diferenza do indíxena, o crioulo era nas colonias españolas un habitante nado en América de pais europeos (usualmente españois pero tamén doutras orixes étnicas), ou descendente soamente deles.

Tamén se usa o termo crioulismo para designar ó movemento dos fillos de españois nados en España que buscaban unha identidade propia a través do pasado indíxena, de símbolos propios e da exaltación de todo o relacionado co americano. A súa identidade foise fortalecendo como consecuencia das reformas borbónicas que os relegaron dos principais cargos políticos e eclesiásticos en Nova España, situación determinante para o estoupido do movemento insurxente e a consumación da independencia.

A mediados do século XVIII os crioulos de orixe española controlaban boa parte do comercio e da propiedade agraria, polo que tiñan un gran poder económico e unha gran consideración social, pero estaban desprazados dos principais cargos políticos en favor dos nados en España.

En Nova España, a lei prohibía o matrimonio entre un funcionario español peninsular en exercicio e unha crioula; é dicir, muller branca nada en América descendente de españois. Isto non impedía que se efectuasen unións de feito entre mulleres crioulas e funcionarios españois.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Avena, Sergio A., Goicochea, Alicia S., Rey, Jorge et al. (2006). Mezcla génica en una muestra poblacional de la ciudad de Buenos Aires. Medicina (B. Aires), mar./abr. 2006, vol.66, no.2, p.113-118. ISSN 0025-7680. Poéticas de lo criollo. La transformación del concepto ‘criollo’ en las letras hispanoamericanas (siglos XVI al XIX). Edición, introducción y notas por Juan Vitulli y David Solodkow. Editorial Corregidor: Buenos Aires, 2009. Juan, Jorge y Ulloa, Antonio de, Noticias secretas de América, tomo II, Madrid, 1918. Juan Pablo Viscardo(1797), Carta a los Españoles Americanos, Revista Histórica, tomo VIII, Instituto Histórico del Perú, Lima, 1925. José Oscar Frigerio, La rebelión criolla de Oruro. Principales causas y perspectivas, Anuario de Estudios Americanos, tomo LII, nº 1, Sevilla, 1995. José Oscar Frigerio, La rebelión criolla de Oruro fue juzgada en Buenos Aires (1781-1801), Ediciones del Boulevard, Córdoba, 2011.

Categoría:Grupos étnicos de América