Santa María de Ois é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 454 habitantes (232 mulleres e 222 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 406 habitantes.
Cultura Topónimo Ois é posiblemente un antropónimo prerromano cunha raíz no termo "freixo" e que xorde antes do século III.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Ois, de estilo románico do século XII (1183), de tipoloxía rural. Cruceiro de Santiago de Ois, situado no adro da igrexa.
Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Ois
Parroquias de Coirós
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Coirós
Categoría:Parroquias de Coirós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía