A arquieparquía de Lviv dos armenios é unha arquieparquía católica en Ucraína, estabelecida en 1361, que ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios en Ucraína. Territorio Coas particións de Polonia a arquieparquía perdeu o control sobre os fieis armenios de Polonia, Lituania e a Rusia Branca, que pasaron a dominio ruso.

Historia A arquieparquía apostólica armenia A arquieparquía foi erixida en 1361, coa consagración do primeiro arcebispo polo patriarca de Cilicia. O rei de Polonia Casimiro o Grande concede en 1367 plena liberdade de culto aos armenios. Unión coa Igrexa Católica O 24 de outubro de 1630 o arquieparca Mikołaj Torosowicz sancionou a unión da Igrexa armenia de Lviv coa Igrexa Católica, máis dun século antes do estabelecemento da Igrexa Católica Armenia que chegou en 1742 coa institución do Patriarcado de Cilicia. Desaparición no século XX Dende 1938 a arquieparquía está vacante. Até 1954 foi atendida por un administrador apostólico, e dende a súa morte é administrada polo ordinariato de Polonia para os fieis de rito oriental, estando os fieis directamente suxeitos ao Patriarca. O derradeiro administrador apostólico, Dionizy Kajetanowicz, foi arrestado primeiro polos nazis e posteriormente polos soviéticos ao refusar adherirse á Igrexa Ortodoxa. Foi condenado a traballos forzados nun campo de concentración e morreu en 1954.

Goberno Entre 1675 e 1798 o arquieparca era elixido directamente polos relixiosos e fieis armenios, e debía ter o beneplácito do rei de Polonia, quen informaba ao nuncio apostólico, quen á súa vez daba as instrucións para a aprobación do mesmo polo Papa. Logo de 1798, cando Lviv pasou a dominio austríaco, o dereito de nomear a un arcebispo pasou a ser competencia dun capítulo que facía unha proposta de tres candidatos ao Emperador. Posteriormente o elixido debía obter a aprobación papal. Episcopoloxio Mikołaj Torosowicz (24 de outubro de 1630 - 24 de outubro de 1681, finado) Wartan Hunanian (24 de outubro de 1681 - 15 de xuño de 1715, finado) Jan Tobiasz Augustynowicz (15 de xuño de 1715 - 22 de decembro de 1751, finado) Jakub Stefan Augustynowicz (22 de decembro de 1751 - 11 de xaneiro de 1783, finado) Jakub Walerian Tumanowicz (11 de xaneiro de 1783 - 2 de setembro de 1798, finado) Jan Jakub Symonowicz (1 de marzo de 1800 - 3 de outubro de 1816, finado) Kajetan Augustyn Warteresiewicz (21 de febreiro de 1820 - 6 de febreiro de 1831, finado) Samuel Cyryl Stefanowicz (13 de marzo de 1832 - 8 de decembro de 1858, finado) Grzegorz Michał Symonowicz (8 de decembro de 1858 - 14 de xuño de 1875, finado) Grzegorz Józef Romaszkan (3 de abril de 1876 - 11 de decembro de 1881, finado) Izaak Mikołaj Isakowicz (3 de xullo de 1882 - 29 de abril de 1901, finado) Józef Teofil Teodorowicz (16 de decembro de 1901 - 5 de decembro de 1938, finado) Dionizy Kajetanowicz, administrador apostólico, non chegou a ser consagrado bispo (1938 - 1954, finado)

Notas e referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Catholic-Hierarchy.org, con datos do Annuario Pontificio, .

Lviv Lviv Categoría:Eparquías católicas