dereita|miniatura|330px|Leña a arder nunha lareira galega
O tizón de Nadal ou cepo de NadalO cepo de Nadal , xornal Vieiros. (tamén cachopo de NadalLume novo de Nadal, La Voz de Galicia, 27 de decembro de 2015.) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Os cepos de Nadal en Europa Esta tradición considérase unha das máis antigas tradicións de Nadal.cfr. Yul Log su Noel Noel Noel É un costume que se remonta polo menos ao século XII.cfr. Bowler, Gerry, Dizionario universale del Natale [The World Encyclopledia of Christmas], ed. italiana a cura di C. Corvino ed E. Petoia, Newton Compton, Roma, 2003, p. 96cfr. Happywink: Yule log e que chegou até o século XIX ou comezos do XXcfr. Miles, Clement A., Storia del Natale [Christmas in Rituals and Traditions Christian and Pagan], ed. italiana a cura di Laura Mazzolini, Odoya, Bologna, 2010, p. 181cfr. Cattabiani, Alfredo, Calendario, Mondadori, Milano, 2003, p. 78cfr. Cattabiani, Alfredo, Florario, Mondadori, 1996-1998, p. 306 e estaba moi espallada en varios países europeos, dende Escandinavia e a Gran Bretaña até os Alpes e a península balcánica e o norte da Península Ibérica, chegando até Galizacfr. Heinberg, Richard, I riti del solstizio [Celebrate the Solstice], Edizioni, Mediterranee, Roma, 2001, p. 100cfr. Cattabiani, Alfredo, Calendario, cit., p. 79cfr. Ich will Weihnachten: Der Christklotz O costume cumpríase na Noiteboa, cando o cabeza da familia –cunha cerimonia determinada, xeralmente un brinde– acendía na lareira un gran tronco de madeira, que se deixaba arder até o día de Reis (Epifanía)cfr. Di Lorenzo, Antonio, Babbo Natale, la Befana, il presepe, la cometa e... i dolci delle feste tra leggende e verità, Egon Edizioni, Vicenza, 2006, p. 72cfr. Culture.gov.fr: Noël > bûche de Noël; os restos do cepo eran preservados, xa que se lles atribuían propiedades máxicas e críase que favorecían a colleita, o gando, a fertilidade e a saúde das mulleres, ademais de protexer fronte aos raios nas treboadas,cfr. Bowler, Gerry, op. cit., p. 98 e moitas veces reutilizábanse para prender o tizón do ano seguinte cfr. Bowler, Gerry, op. cit., p. 97
Segundo cada cultura, a árbore escolleita para a tradición cambia: os franceses preferían árbores froiteiras, os ingleses o freixo, o piñeiro ou o carballo, os escoceses a faia, os serbios e os galegos o carballo etc.
A evidencia de que é unha tradición moi antiga e espallada evidénciase en que nalgunhas linguas europeas o termo utilizado para describir o cepo atópase nas palabras que fan referencia ao Nadal, coma no lituano kalėdos, que significa literalmente 'a noite do cepo', ou 'noiteboa' en croata badnjak, que tamén significa 'cepo', ou nalgúns alcumes para as festas de Nadal coma "Festa del Ceppo", utilizado na Toscana.
Desta tradición provén o doce chamado tronco de Nadal, moi común nos países francófonos, onde é coñecido coma bûche de Noël.cfr. Bowler, Gerry, op. cit., p. 78
Tradición galega O Nadal galego ancestral, inserido na tradición cristiá desde o século IV, ten tamén unha palpábel relación co agrario, cando o labrego, debido ao mal tempo e os días curtos, concentra o seu esforzo en traballos artesanais dentro da casa. Avós, fillos e netos reúnense a carón do lume onde, segundo os contos, tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os donativos etc., conforman as tradicións de Nadal que hoxe se conservan. Entre os pobos celtas galaicos existía o costume de manter unha candea acesa en honra á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno, usando os restos da candea do ano anterior. O culto ao lume está ben presente na cultura popular galega, coma na doutras latitudes.
En Galiza o madeiro debe ficar aceso na lareira até Aninovo. Nalgúns lugares, coma en Becerreá, duraba todo o ano, dándolle lume todos os días aínda que fose por pouco tempo. Despois déixase apagar mais consérvase durante o resto do ano para acendelo de novo durante as treboadas ou cando se ventaba unha desgraza na casa, como elemento protector do fogar. Nalgunhas comarcas para facer o cepo usábase o chamado “lume novo”, pois as brasas deste lume facíanse nas lareiras das casas queimando toxo, despois bendicíase esa leña miúda o Sábado Santo no adro da igrexa e gardábase para dar sorte á familia, tornándose a prender pola Noiteboa. Arredor deste lume de Nadal cantábanse panxoliñas, contábanse historias da Santa Compaña, de mouros, serpes, encantos, contos de risa etc., mentres os cativos xogaban. Tamén se pensaba que nesa noite as ánimas dos defuntos devanceiros da familia estaban presentes arredor do lume.
A madeira preferida en Galiza era o carballo, mais tamén se empregaba a faia, o bidueiro ou o freixo. Conta a tradición que se se conseguía que o tizón fixese brasa acesa toda a noite, e chegaba ao amencer con calor, habería sorte todo o ano.
Xoán Xosé Pérez Labaca escribiu sobre un costume dos celtas que consistía en acender unha candea o día do solsticio de inverno, que tiña que arder durante medio día seguido para traer boa sorte á casa. E engade:
Vicente Risco defíneo así:
Ademais de seren protectoras e cun certo carácter sagrado, as cinsas do tizón de Nadal parecían ser boas para curar as febres.
Poida ser que este tizón de Nadal sexa unha reliquia dese culto pagán que terminou sendo prohibido, sen éxito, polas Sinodais de Mondoñedo no século XVI por consideralo rito gentílico.Eladio Rodríguez, citando a Murguía.
O tizón de Nadal pasou a linguaxe popular nalgunhas zonas de Galiza onde se lle chamaba "cepo do Nadal" a un home pequeno e gordo.Constantino García González (1985): "Glosario de voces galegas de hoxe", Universidade de Santiago, Verba, anexo 27
Orixe e historia miniatura|right|330 px|A tradición do cepo de Nadal ilustrada no Chambers Book of Days (1832) Dende o culto exipcio de Horus ao indo-iranio de Mitra, pasando polas culturas clásicas, practicamente todos os pobos da antigüidade, solemnizaron con diversos festexos e rituais ígneos a chegada do solsticio de inverno, con cacharelas, queima de cepos, bonecos etc., animando o sol para que renacese. Na cultura celta apañábase un tronco, principalmente de carballo, que se adornaba con acivro, hedra, visgo e outras plantas bravas sempre verdes; era colocado nun lugar destacado da vivenda e os familiares pedían desexos tocando a casca e ofrecéndolle agasallos (doces e pequenos obxectos). Na noite do solsticio, a nai ou a avoa, colocaba o toro na lareira e prendíalle lume, utilizando para isto un tizón medio carbonizado do tronco do ano anterior. Despois deixábase arder amodo mentres se partillaban entre todos os agasallos ofrecidos ao tronco. Da súa combustión procurábase gardar outro tizón para acender o tronco do vindeiro ano, e as cinsas conservábanse coma talismán contra diversos males coma enfermidades, treboadas, secas, pestes etc. Este ritual sobreviviu durante séculos en multitude de culturas, sincretizándose coas novas crenzas.‘’Sagrados leños célticos: Olentzero, Tió, Nochebueno y Tizón de Nadal’’ - http://rah7alkaest.blogspot.com.es/2012/12/sagrados-lenos-olentzero-tio-nochebueno.html
O costume do cepo de Nadal referénciase por vez primeira en Alemaña no ano 1184. Dende Alemaña a tradición pasa a Escandinavia, aos Alpes italianos, á península Balcánica e ao norte da Península Ibérica, onde chega até Galiza. O uso en Inglaterra, é referenciado por vez primeira no século XVII. Menciónao o poeta Robert Herrick, que fala dunha tradición moi consolidada en Devon. Despois a tradición pasou aos Estados Unidos e o Canadá.
En Galiza xa Eladio Rodríguez falaba desta tradición: Nalgunhas comarcas da provincia de Lugo bótase a noite de Nadal no lume da lareira un groso cepo que se ha acender todos os días procurando que dure todo o ano. Este cepo ten certo carácter sagrado, pois se conserva fervorosamente para facelo arder cando ameaza pedrisco, unha tempestade, unha treboada ou algunha má calamidade pública. Tamén nas montañas lucenses de Cervantes hai a crenza de que a noite de defuntos veñen as ánimas a se quecer co cepo que se deixa a arder na lareira. Esta mesma crenza existe na comarca de Tui, e de aí que nesa noite se bote tamén un gran leño no lume"Cepo" En Eladio Rodríguez González : "Diccionario enciclopédico gallego-castellano", Galaxia, Vigo .
Coa revolución industrial e os cambios no agro a partir de finais do século XIX e comezos do XX, empezaron a desaparecer as lareiras (en Galiza na segunda parte do século XX), sendo substituídas por cociñas de ferro ou estufas a carbón, polo que a tradición de queimar o tronco foi ficando no rural e só nalgúns lugares moi concretos. No resto de lugares, substituíuse por un pequeno toro enfeitado con pólas de acivro e candeas coma adorno de Nadal.
En Francia, durante o século XIX, o pasteleiro Pierre de Lacam decidiu reconverter o "Bûche de Nöel" dándolle un xiro comercial á tradición. Así naceu o doce chamado tronco de Nadal.
Significado Trátase case con certeza dun rito de orixe precristiá,cfr. The History of Christmas: Yule log ao que os estudosos teñen dado diferentes interpretacións.
Segundo Wilhelm Mannhardt (Der Baumkultus der Germanen und ihrer Nachbarstämme, 1875), o cepo representa o espírito da vexetación, e a súa queima, a luz solar que fornece calor durante todo o vindeiro ano.cfr. Miles, Clement A., op. cit., p. 183
Outros estudosos ven no acendido reminiscencias de tradicións anuais do lar sagrado, que representa á vez o centro da vida familiar coma morada dos espíritos dos devanceiros.
Segundo a interpretación cristiá, o cepo é un símbolo para quecer o neno Xesúscfr. Cattabiani, Alfredo, Florario, cit., p. 307 e o lume representa o feito da redención de Cristo, sacrificado para salvar a Humanidade.cfr. Di Lourenzá, Antonio, op. cit., p. 73
Ritos europeos relacionados Illas Británicas Nas Illas Británicas coñécese coma yule log e consiste, igual ca en Galiza, nun madeiro grande que é queimado como parte central das celebracións de Yule ou Nadal. Asóciase ao festival do solsticio de inverno ou dos doce días de Nadal, a Noiteboa, o día de Nadal ou a Doceava Noite (a noite de Reis). O yule log está tamén relacionado co ashen fagot típico de Devon. A tradición británica importouse da Europa continental na Idade Moderna, posibelmente dende Flandres, en Bélxica.
O cepo de Nadal non só era visto como unha protección máxica polos labregos británicos, senón tamén rivalizaban entre veciños por queimaren o tizón máis grande.
As tradicións do cepo de Nadal comezaron a desaparecer en Inglaterra a finais do século XIX e principios do XX, coma ocorreu en Galiza; segundo o historiador Ronald Hutton, a redución do traballo rural tradicional e os cambios na agricultura provocaron a ruptura co tradicional e a abertura a novas realidades; porén a sobremesa do doce Tronco de Nadal converteuse nunha verdadeira tradición no Reino Unido, así como en moitos lugares francófonos.
No folclore inglés, o Papá Noel adoita carrexar un tizón de Nadal.
Países francófonos miniatura|Un tronco de Nadal, doce derivado desta tradición
O Bûche Noël é típico en Francia e Valonia, de onde pasou ao Quebec e ao Líbano, e é unha sobremesa doce que deriva da tradición do tizón de Nadal. Non se sabe cando se comezou a elaborar este Tronco de Nadal, aínda que xa se facía en 1945, e aparentemente a tradición de biscoitos enrolados con marmeladas remóntanse ao século XIX.
Italia En Italia o tizón de Nadal é chamado Ceppo di Natale e atópase principalmente no norte de Italia, na zona dos Alpes. Na Toscana faise a Festa del Ceppo.
Alemaña